A Guarda acolle en febreiro un curso de Elaboración artesanal de Ungüentos naturais

Trátase dunha nova acción formativa de «Coas mans na masa» da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural continúa coa súa apostando pola formación como ferramenta para mellorar a capacitación dos recursos humanos do territorio. Por este motivo, e tras o éxito acadado en 2018 e 2019, a Escola Eu Rural pon en marcha a terceira edición do programa ‘Coas mans na masa’, un itinerario formativo que busca engadir valor no mercado aos produtos do sector primario a través da transformación da abundante materia prima da contorna en produtos de gran calidade e da súa conservación para a posterior comercialización.

Seis cursos, seis concellos

gran demanda das accións formativas levadas a cabo na pasada edición do programa ‘Coas mans na masa’, nas que houbo unha importante lista de agarda de persoas interesadas en participar, motivou que Eurural volva a poñer en marcha os cursos de elaboración artesanal de ungüentos naturais e de elaboración artesanal de conservas. Así, por un lado, as persoas interesadas en aprender a crear cremas, pinturas, aceites… con recursos naturais da contorna poderán participar nalgunha das 4 accións formativas de ‘Elaboración artesanal de Ungüentos naturais’ que se celebrará en A Guarda (3 e 4 de febreiro), Tui (10 e 11 de febreiro), Baiona (17 e 18 de febreiro) e O Rosal (9 e 10 de marzo), catro concellos nos que aínda non se tiña impartido esta actividade.

Poderá inscribirse e participar nestes cursos calquera persoa que resida no territorio do GDR 14 e estea interesada, independentemente de que o concello no que viva non dispoña de curso. As xornadas son de balde e a inscrición farase a través da web www.eurural.org, dirixíndose ao apartado denominado Escola. Todos os cursos se impartirán en horario de 16.30 a 20.30 horas e haberá un máximo de 15 alumnos e alumnas por curso.

Novas edicións

‘Coas mans na masa’ nace ao acubillo da Escola Eurural, creada en 2017 como unha ferramenta posta en marcha pola AD Galicia Suroeste Eurural para canalizar todas as accións formativas que se desenvolven no territorio do GDR 14 e que abrangue aos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.

Dentro da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa elaborada pola AD Galicia Suroeste Eurural, na que se estableceron as liñas de actuación da Medida Leader para o territorio do GDR 14, recóllese unha aposta pola formación como vehículo para mellorar a capacitación do capital humano da contorna. Por este motivo, cada ano destínase o 2,5% do orzamento anual da asociación á creación de itinerarios formativos para toda a poboación e ata o de agora xa se formaron a máis de 280 persoas.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM