O luns día 11 de xaneiro celebrouse o Día do Usuario/a das Bibliotecas e dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda fíxose entrega dun diploma e libros de agasallo para os mellores lectores do pasado ano nas categorías xuvenil, infantil e adulto.
Os premiados recibiron da man da concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, un diploma que da conta da súa condición de usuarios e lectores asiduos e un lote de libros adaptados ao seu perfil lector.
Os premiados foron María Concepción Macua González, como mellor lector adulto con 57 libros; Pedro Fernández González , co premio ao mellor lector xuvenil con 53 libros; e Irene Fernández Lomba, mellor lectora na categoría infantil con 53 libros solicitados en préstamo.
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e dentro do ranking de libros máis lidos atopamos:
DEZ LIBROS MÁIS LIDOS POR ADULTOS
- La huella del mal / Manuel Ríos Sanmartín
- El destino de los héroes / Chufo Lloréns
- Las batallas silenciadas / Nieves Muñoz
- El amante silencioso / Clara Sánchez
- La bailarina de Auschwitz / Edith Eger
- Loba negra / Juan Gómez-Jurado
- Algún día hoy / Ángela Becerra
- Beleza vermella / Arantza Portabales Santomé
- Sakura / Matilde Asensi
- El latido de la tierra / Luz Gabás
DEZ LIBROS MÁIS LIDOS INFANTIL/XUVENIL
- Isadora Moon va al colegio / Harriet Muncaster
- ¿De qué color es un beso? / Rocío Bonilla
- La diversión de Martina: misterio en el internado / Martina DÁntiochia.
- Seis de cuervos / Leigh Bardugo
- Isadora Moon va de excursión / Harriet Muncaster
- Isadora Moon va al ballet / Harriet Muncaster
- El señor búho y el bosque / Christelle Chatel
- Alianzas / Iria G. Parente.
- Anna Kadabra: el club de la luna llena / Pedro Mañas, ilustraciones, David Sierra Listón
- La diversión de Martina: ¡Aventuras en Londres! / Martina D´Antiochia
A Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, destacou una súa intervención a importancia que ten a lectura para a formación e o crecemento persoal das persoas, convidando a todos os veciños da vila a que continúen ou ben se inicien neste fabuloso mundo da lectura, contando na Guarda cunha biblioteca modesta pero cunha boa colección de libros de diversas temáticas e para todos os gustos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.