A Unidade Móbil de doazón de sangue estará en A Guarda o 11 e 12 de maio

Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue

A Unidade móbil de doazón de sangue estará en A Guarda na Praza Avelino Vicente (na parada do bus, fronte a Fróiz) o vindeiro venres 11 de maio en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas. Tamén estará o sábado 12 de maio de 10:00 ás 15:00 horas.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue ADOS fai un chamamento aos habitantes da localidade da Guarda para acadar máis doazóns de sangue. O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde.

Todos os días moitas persoas precisan o sangue cando son sometidas a intervencións cirúrxicas, sufren accidentes de tráfico ou laborais, cando padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos…

Desde 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario, altruísta, anónimo, universal e gratuíto. Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.700 urxencias, máis de 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.

Baixo o cancelo #súmatedoasangue ADOS continúa o seu labor de sensibilización na doazón de sangue. Amais no seu canal de Youtube amosan varios vídeos con historias reais de persoas doantes de sangue e de doentes que sairon adiante grazas a solidariedade destas persoas.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM