«Alzheimer e outras demencias»: Charla divulgativa o 16 de febreiro no Centro Cultural

O encontro comenzará as 20:30 horas e abordará aspectos relevantes como síntomas, sinais de alarma e características da enfermeidade de Alzhéimer, da man da psicóloga de AFAGA, Maxi Rodríguez.

O encontro comenzará as 20:30 horas e abordará aspectos relevantes como síntomas, sinais de alarma e características da enfermeidade de Alzhéimer, da man da psicóloga de AFAGA, Maxi Rodríguez.

O Centro Cultural acollerá mañá, 16 de febreiro, a charla «Alzheimer e outras demencias», organizada pola Asociación  de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA) en colaboración co Concello da Guarda.

A psicóloga Maxi Rodríguez dirixirá o encontro divulgativo dirixido ao público en xeral, no que se tratarán as demencias dun xeito xenérico, aínda que con especial atención á enfermidade de Alzhéimer. Así, a especialista abordará aspectos relevantes como os primeiros síntomas, os sinais de alarma a ter en conta e as características da enfermidade nas súas primeiras fases.

Tratarase, amais, temáticas controvertidas como son as consecuencias desta enfermidade no entorno familiar, e ofreceranse recomendacións sobre como afrontar a nova situación dende un punto de vista positivo e natural. O faladoiro comezará ás 20:30 horas deste venres, no salón de actos do Centro Cultural.

Sobre AFAGA

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA), fundada no ano 1994, é unha organización dedicada á orientación e información a familiares de persoas con Alzhéimer e outras demencias. AFAGA desenvolve, tamén, programas e actividades dirixidos ás persoas enfermas, así como labores de sensibilización, divulgación e investigación. A súa actividade lévase a cabo principalmente na provincia de Pontevedra.

 

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM