Ana Pontón pide a retirada da reforma sanitaria do PP apelando a maioría social expresada na manifestación

A portavoz nacional, Ana Pontón, arrancou o pleno solicitando a retirada da reforma da Lei de Sanidade de Galiza da orde do día, apelando a “maioría social” que este domingo expresou nas rúas de Santiago nunha manifestación multitudinaria a súa vontade de defender o sistema público de sanidade da contrarreforma que pretende aprobar o PP en solitario.

O BNG, xunto co resto dos grupos políticos da oposición, formalizou esta petición para frear unha novo golpe ao dereito á saúde e demandar do goberno de Feixóo que escoite o clamor social, instando ao PP a non confundir a maioría absoluta “cunha licencia para seguir cos recortes e coa privatización”, que están a provocar un desmantelamento progresivo da sanidade pública. O presidente da Xunta ten que abandonar a “prepotencia” e negociar, instou a portavoz nacionalista. A reclamación da retirada foi rexeitada polo PP.

A formación nacionalista xa ten rexistrado na Cámara unha proposición de lei para modificar os orzamentos de 2018 e destinar 234 millóns de euros adicionais á financiar a atención primaria, como porta de entrada ao sistema de saúde.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM