Contratación laboral temporal dun patrón de embarcación para o servizo de salvamento e vixilancia das praias do Concello da Guarda

O Concello da Guarda selecciona un patrón de embarcación para cubrir o servizo de salvamento e vixilancia das praias do Concello, durante 2,5 meses a xornada completa.

Titulación mínima esixida: patrón de navegación básica (PNB) ou patrón de embarcación de recreo (PER) ou licenza federativa para o goberno de embarcacións de recreo.

As bases da convocatoria están a disposición dos interesados no Rexistro e na sede electrónica do concello (http://aguarda.sedelectronica.gal)

O prazo de presentación de instancias, será 7 días naturais dende o día seguinte a publicación do preste anuncio no Faro de Vigo(09/06/2019), na forma sinalada nas bases da convocatoria.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM