Derradeiros días de inscricións para a Carreira de Orientación Concello da Guarda

O Concello da Guarda será escenario o vindeiro sábado día 30 de marzo da primeira Carreira de Orientación Concello da Guarda, un evento que terá lugar dende as 10:30h da mañá por diferentes espazos naturais do noso municipio.

As inscricións están abertas ata este mércores día 27 de marzo na web www.toxoaventura.com.

Esta proba de orientación sairá dende a Alameda da Guarda con categorías de diferentes dificultades para nenos (toxiños: sinxela física e técnicamente), adultos (toxos: nivel físico e técnico medio) e avanzado (toxeiras: persoas con medios/altos coñecementos de orientación, nivel físico e técnico alto).

A participación se pode realizar individual ou por equipos de ata 4 persoas como máximo, as saídas realizaranse de xeito escalonado no tempo, non saíndo en ningún momento dúas persoas (ou equipos) no mesmo minuto.

Os participantes disporán dunha tarxeta electrónica para ir rexistrando o paso por cada unha das balizas, debendo completar o percorrido (en orde), dende a saída ata a meta.

Ao rematar a proba contarase cun avituallamento líquido, resultados impresos, e  opción para consultar os resultados en tempo real coa axuda dun código qr que irá impreso no mapa da carreira.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM