Este sábado celébrase o 10º Cruceiro Río Miño

O Club Alagua, en colaboración coa Federación Galega de Vela e o Concello da Guarda, organiza este sábado día 31 de agosto a 10º edición do Cruceiro Río Miño, unha proba deportiva de vela clasificada dentro da categoría C.

A regata disputarase nun único formato multiclase e está aberta a todas as embarcacións a vela con orza móbil.

As inscricións están abertas ata as 14:00h do 31 de agosto cubrindo o formulario de inscrición e enviándoo ao enderezo electrónico club.alagua@gmail.com A taxa de inscrición é de 5€ por participante e aboarase en efectivo xunto coa confirmación da inscrición.

As regatas arrancarán ás 16:00h da tarde deste sábado para todas as clases, coa posibilidade de dividir a mesma na metade para recoller tempos e asegurar a clasificación da proba.

Haberá premios para os tres primeiros clasificados na xeral e pola noite, trala entrega de premios, servirase unha cea de convivencia nas instalacións do Clube Alagua.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM