Inscricións abertas para a XXIV Travesía a nado do Porto da Guarda

O vindeiro sábado día 7 de setembro terá lugar no Porto da Guarda a XXIV edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda, un evento que congrega cada ano a un bo número de deportistas profesionais e amateurs.

Promovida e xestionada pola Concellería de Deporte da Guarda e Noko Deporte y Salud.  Contará coa colaboración do club de Remo Robaleira, Club ALAGUA e Confraría de Pescadores Santa Tecla.

As inscricións están xa abertas ata o 4 de setembro na web www.galitiming.com contando con dous percorridos de 400m.(Categorías A, B, C e D) e de 1200m.(Categorías E, F, G, H, I, J,K e L)

Como novidade esta edición estará cronometrada polo que a inscrición ten un custe:

  • 6€ inscritos ata o 31 de agosto.
  • 8€ inscritos entre o 1 e o 4 de setembro.
  • As categorías de nenos (A, B, C e D) son de balde.

A inscrición inclúe:

  • Gorro numerado
  • Seguro accidentes
  • Cronometraxe
  • Avituallamento final

Os nadadores non federados menores de 18 anos precisan que o pai, nai ou titor autorice a súa participación. O impreso de autorización debe enviarse asinado previamente a info@noko.es ou, en último caso, pode entregarse no momento de recollida do gorro.

A proba comezará ás 12:00h no Porto da Guarda, con saída dende as escaleiras do muelle, facendo un percorrido polo interior do recinto portuario, marcado por boias. O neopreno só se poderá utilizar se a temperatura da auga e menor aos 18º ou por decisión da organización.

Regulamento.

Autorización de menores.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM