Lídia Senra: “O futuro da UE depende tamén dun mundo rural vivo e dinámico”

A eurodeputada Lídia Senra rexistra unha batería de emendas para fixar a posición da Comisión de Agricultura en informes de AFCO e ECON

coordenadora na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural (AGRI) do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra,  vén de rexistrar unha batería de emendas para incidir nos informes de opinión que esta Comisión vai achegar á Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios (ECON) para a elaboración do Informe anual sobre a política de competencia (2018/2102(INI) e á Comisión de Asuntos Constitucionais (AFCO) para o seu informe sobre A situación do debate sobre o futuro de Europa (2018/2094(INI).

Nas propostas de modificación presentadas á Comisión AFCO a galega reivindica que “o futuro da Unión depende tamén dun mundo rural vivo e dinámico”, cualificando de “urxencia” que a política agraria e alimentaria europea “responda ás necesidades do conxunto da sociedade”. É polo tanto preciso que a UE aposte con determinación por unha transición cara un modelo de producción agroecolóxico, xa que, subliña Senra, “é o único modelo capaz de contribuir ao enfriamiento do planeta e ao mantemento do campesiñado”, polo que tamén pediu que a nova PAC se adique especialmente a “crear postos de traballo neste modelo, garantizando a máxima calidade dos produtos agrícolas e alimenticios da UE”.

Apela asemade ao mantemento dun campesiñado forte na UE, xa que “para unha xestión eficaz do territorio, loitar contra o cambio climático, preservar a auga potábel e avanzar cara o dereito á Soberanía Alimentaira é preciso contar con moitas labregas e labregos producindo alimentos en todo o territorio da Unión”.

Iso si, abondou, as medidas a aplicar para garantir un modelo de produción campesiño na UE teñen que icluír iniciativas lexislativas “que poñan fin á discriminación das labregas” -como por exemplo no referente á titularidade das explotacións agrarias- e, loxicamente, unha viraxe das políticas que implique dunha vez por todas “situar prezos agrícolas remuneradores no corazón da política agraria común”. Nesta mesma liña,  instou á Comisión e aos Estados Membro a “potenciar e promover os mercados locais e de proximidade e a transformación de produtos agrícolas a pequena escala”.

Precisamente cuestións referidas ao marco económico que rixe a actividade agraria na UE foron as especificadas nas engádegas propostas ao proxecto de opinión a achegar ao informe sobre competencia, nas que insta á Comisión e aos Estados Membro a modificar as normas “para permitir que se podan fixar prezos mínimos para os produtos agrícolas mediante negociación colectiva”. Para iso, reivindicou que se lle dean competencias ás organizacións interprofesionais “para negociar prezos mínimos en orixe para os produtos agrícolas”.

As emendas propostas a estes dous informes de opinión serán votadas previsíbelmente na sesión da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo que terá lugar o 12 novembro en Estrasburgo -emendas ao informe sobre futuro Europa- e na sesión do 21/22 novembro en Bruxelas -emendas ao informe sobre competencia-.

Proxecto de Opinión da Comisión de Agricultura ao Informe anual sobre a política de competencia (2018/2102(INI)Proxecto de Opinión da Comisión de Agricultura ao informe sobre A situación do debate sobre o futuro de Europa (2018/2094(INI)

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM