O BNG exixe a derrogación da LOMCE e a supresión da relixión do currículo escolar

Ao fío da sentenza feita pública pola CIG-Ensino na que a xustiza avala a obriga de elixir relixión ao alumnado de bacharelato para poder cursar Robótica, desde o BNG levaremos ao Parlamento iniciativas para derrogar a LOMCE e o Decreto 86/2015.

“A sentenza xudicial é moi clara, para garantir o dereito do alumnado a non cursar relixión obrígante a renunciar a formación noutros ámbitos como a Robótica”.

Non se é libre para escoller cando se obriga a renunciar, cando se restrinxe a capacidade de elección daquel estudantado que non quere cursar relixión.

Desta situación son responsábeis o Goberno central e a Xunta de Galiza. Dunha banda porque o PSOE, malia as promesas electorais, mantén en vigor a LOMCE, unha lei rexeitada masivamente pola comunidade educativa galega que, entre outras cuestións, supuxo un reforzo do ensino confesional.

Porén, desde o BNG lembramos que a responsabilidade é compartida pola Xunta de Galiza en cuxo Decreto 86/2016 fixa unha distribución horaria nos distintos itinerarios que obrigan o alumnado que opta por Robótica, Antropoloxía ou, aínda máis grave, Coeducación a ter que cursar relixión para completar a carga lectiva exixida.

Desde o BNG defendemos un ensino laico e científico e, polo tanto, a separación escrupulosa entre a igrexa e o estado. As crenzas relixiosas corresponden ao ámbito exclusivamente privado e non teñen cabida no ensino público do noso país.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM