O PP volve rexeitar a iniciativa do BNG para que Feixóo explique as medidas contra a terceira onda da COVID

Manuel Lourenzo afirma que: “Ninguén en Galiza entende que o presidente non acuda ao Parlamento” nun momento de grande incerteza e falta de información

O viceportavoz do grupo parlamentar do BNG, Manuel Lourenzo reclamou hoxe, na xuntanza da Deputación permanente, convocar un Pleno extraordinario no que o presidente da Xunta compareza para informar das medidas adoptadas polo goberno contra a terceira onda da COVID-10, o plan de vacinación e as compensacións aos sectores económicos máis afectados.

O deputado pediu ao Partido popular que non continúe “vetando” a comparecencia de Feixóo na Cámara galego porque  “ninguén en Galiza entende que o Presidente non acuda ao Parlamento” nunha situación de estrema gravidade e lamentou que, unha vez máis”, o PP non atenda esta demanda.

Lourenzo criticou a falta de información  das decisións e restricións das que a cidadanía só ten coñecemento, dixo,  a través dos medios de comunicación ou no mellor dos casos, no anunciou  da rolda de prensa  comparecencia de prensa do Presidente da Xunta.

O deputado do BNG reclamou celebrar os debates sobre a evolución da pandemia en Galiza “nos organismos regulados”. Por outra parte, fixo fincapé na necesidade de “reforzar” os servizos de atención primaria, incrementar os rastrexos, “ante o que se aveciña”, realizar  cribados masivos nas cidades e concellos máis afectados e sobre todo, “un plan de vacinación de medios e persoal”.

A situación, require coñecer “a loxística” a seguir e os grupos parlamentares así como outras moitas administracións precisan desta información para poder sacar “adiante o noso país” nunha situación con consecuencias sen precedentes na historia. O nacionalista subliñou que  a sociedade galega merece “unha resposta” sobre os protocolos, como será compaxinado o proceso co funcionamento ordinario nos centros sanitarios, cando será convocada a poboación para a  vacinación e  que expedientes médicos terán os e as  doentes  afectados polo coronavirus.

Na súa opinión, estas explicacións no aspecto sanitario e económico  son responsabilidade do presidente da Xunta e urxe “información transparente”  ante “a incerteza” polas novas medidas anunciadas por Feixóo.

Como é posible que no mesmo DOG sexan implementadas polo goberno medidas que non contemplan alternativas para paliar os efectos das restricións? preguntou.

Lourenzo avogou por unha postura unánime para  “arrimar o ombro” e estar á altura deste momento histórico para que a  sociedade perciba  un “parlamento activo e implicado”.

Pola súa parte, o portavoz popular, Pedro Puy afirmou que  o pleno solicitado polo BNG non pode celebrarse  por unha cuestión técnica e  de prazos ao que o nacionalista propuxo unha segunda reunión para debater a celebración do pleno extraordinario e a comparecencia do Presidente da Xunta.

A iniciativa do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM