Pedro Puy asegura que en Galicia non se vacina máis rápido porque non dispón das doses necesarias

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe que “calquera insinuación que diga que Galicia non vacina máis rápido por outro motivo que non sexa que non dispón das vacinas é completamente irreal e falsa”. “Se non chegan as vacinas, porque hai problemas no subministro ou cos contratos da Unión Europea, non é culpa de Galicia”, asegurou.

Pedro Puy afirmou que “a Xunta está en perfecta disposición para subministrar todas as vacinas conforme vaian chegando”, e concretou que “temos capacidade de poñer 100.000 ao día, grazas a contar con persoal formado e non hai ningún problema por parte da organización da Xunta”.

“Queremos tranquilizar a todo o mundo e que saiba que Galicia vai poñer as vacinas conforme cheguen, e confiamos que cheguen o antes posible e de maneira xusta, respectando os tramos de poboación que teñen prioridade na vacinación”, demandou.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM