Torneo de Volei Praia esta fin de semana no Codesal

O domingo día 1 de setembro as pistas deportivas de O Codesal en Camposancos acollen o Torneo de Volei Praia Vila da Guarda, organizado polo Clube de Volei Miño en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello da Guarda.

Este torneo está pensado para un nivel básico ou amateur, coa finalidade de que os participantes gocen deste deporte pasando un bo día entre todos e todas.

As inscricións están abertas a través do enderezo electrónico c.volley.minho@gmail.com ou tamén mediante whatsapp no 607 577 671, facilitando os nomes e apelidos dos dous membros do equipo (parellas) e a categoría para a cal se desexa inscribir. Dende o clube organizador remitirase a normativa de participación, o prazo de inscricións estará aberto ata o xoves 29 de agosto, tendo un custo de 8€ por parella.

En total disporanse de 4 pistas para a celebración deste torneo, polo que as prazas serán limitadas.

Os horarios definitivos dos partidos deste torneo serán publicados na xornada deste venres día 30 de agosto a través das redes sociais do Clube de Volei Miño.

O torneo arrancará sobre as 10:00h da mañá do domingo día 1 de setembro e haberá medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM