A Xunta activa esta tarde a alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña

Mañá activarase a alerta laranxa por neve en zonas de Lugo e Ourense

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará esta tarde e que afectará o litoral da provincia da Coruña.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 18,00 horas, agárdase mar combinada do noroeste con ondas de 4 a 6 metros no noroeste da provincia da Coruña. Desde esta mesma mañá está tamén activa a alerta amarela no litoral de Lugo e no oeste da Coruña.

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Alerta laranxa por neve

Ademais, mañá activarase tamén unha alerta laranxa por neve, a partir das 20,00 horas, en zonas de Lugo e Ourense. En concreto, afectará o sur de Lugo -e de madrugada estenderase ao centro da provincia-, o sur de Ourense e a comarca de Valdeorras. Nestas zonas, agárdase acumulación de polo menos 4 centímetros por riba dos 300 ou 400 metros.

Ademais, mañá tamén haberá aviso amarelo por neve na montaña de Lugo, no noroeste e na montaña de Ourense, e no interior da Coruña.

Para o mércores, a acumulación de neve chegará aos 6 centímetros e espérase practicamente a calquera cota das zonas do centro e sur de Lugo, e Valdeorras e sur de Ourense. Ademais a neve afectará tamén a zonas do interior e noroeste da Coruña, Mariña e montaña de Lugo, e noroeste e montaña de Ourense que estarán en nivel amarelo con acumulacións de entre 4 e 8 centímetros, podendo nevar a nivel do mar aínda que as acumulacións espéranse por enriba dos 50-100 metros.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM