A EGAP organiza unha xornada para previr a aporofobia, o odio e a desinformación dentro do ámbito administrativo

O 20 de febreiro a EGAP acollerá a xornada ‘Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación desde a Administración pública’

O próximo 20 de febreiro terá lugar na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, a xornada Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación desde a Administración pública, organizada en colaboración con EAPN-Galicia. Esta actividade ten como finalidade ofrecer os coñecementos e competencias necesarios para previr situacións de discriminación, culpabilización e/ou aporofobia que se poidan dar por mor dos prexuízos e os estereotipos no marco da Administración pública cara a persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social.

A xornada vai dirixida ao persoal empregado público das administracións de Galicia, a xuristas, a persoas traballadoras ou voluntarias das organizacións de acción social e cooperación e a persoas interesadas en xeral.

A través da formación e o debate construtivo tentarase reforzar o compromiso ético cos dereitos dos profesionais do Sistema de Servizos Sociais, animando á reflexión e facilitando ferramentas para a prevención de conflitos para, en definitiva, mellorar a relación entre a cidadanía e as administracións públicas. Tamén se presentarán os recursos dispoñibles en Galicia para a atención ás vítimas.

A matrícula é gratuíta e poderá formalizarse a través da área de matrícula da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula ) ata o 18 de febreiro.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM