Afundación en casa conmemora o Día Mundial da Terra con conferencias, experimentos e exposicións virtuais

Conferencias de expertos en sostibilidade e medioambiente, experimentos sobre fenómenos atmosféricos ou visitas virtuais a exposicións sobre o noso planeta son algunhas das propuestas

A raíz do Día Mundial da Terra, mércores 22 de abril, Afundación en casa conmemórao con propostas que invitan o público a aprender sobre o respecto á nosa contorna de diferentes xeitos. Desde as visitas virtuais á mostra «O noso planeta», ata conferencias de reputados expertos en sostibilidade e medio ambiente, pasando por experimentos sobre fenómenos atmosféricos dirixidos por Naturnova, son algunhas das propostas que desde Afundación en casa se poñerán en marcha mañá para fomentar o respecto polo noso ecosistema.

Dado que Afundación contempla a sostibilidade como un principio transversal a todos os seus eixes de actuación, na celebración do Día da Terra, desde a área de Cultura, ata Formación e Coñecemento e IESIDE, planificaron actividades conmemorativas desta importante efeméride. Así, unha das exposicións máis relevantes a nivel internacional sobre o ecosistema que habitamos, a deseñada por Netflix, «O noso planeta», pódese ver na visita virtual habilitada aquí. Pola súa banda, programouse a subida á plataforma Afundación en casa de dúas conferencias estreitamente vinculadas coa celebración. A primeira, de Joaquín Araújo, experto ambientalista, titulada «Planeta vida», está ligada á mostra anterior e dispoñible aquí. A segunda, de Jacob Petrus, sobre a importancia de comprometerse co respecto ao medio ambiente e enmarcada no Programa de Sostibilidade de ABANCA e Afundación, pódese seguir aquí.

Naturnova, o centro de educación ambiental interactivo da Obra Social de ABANCA, pon á disposición das familias unha serie de experimentos sobre algúns dos fenómenos naturais aos que estamos sometidos. Así, a recreación do comportamento das nubes cando se cargan de auga ou sobre o efecto Marangoni, están xa dispoñibles na sección de Educación en casa da nova plataforma de Afundación.

Para rematar, na sección «ABANCA e IESIDE asesoran» emitirase mañá nos Directos de Afundación – TV a conferencia do doutor Fernando Valladares, investigador do CSIC e recoñecido internacionalmente, «Redescubrindo a importancia da natureza nas crises sanitarias, climáticas ou económicas».

«Afundación en casa»

«Afundación en casa» é o novo portal web de acceso libre e gratuíto, creado a instancias de ABANCA e a súa Obra Social, no que se verte, durante esta etapa, toda a actividade que o equipo de Afundación continúa planificando e desenvolvendo desde os seus domicilios. Deste xeito, a Obra Social de ABANCA segue poñendo á disposición da cidadanía os seus proxectos culturais, sociais e formativos, mantendo o mesmo nivel de esixencia e exercendo, tamén, un labor de acompañamento telemático para usuarios +60, que desenvolven persoas voluntarias en colaboración con traballadores da entidade. Desde casa, a Obra Social de ABANCA continúa traballando para proporcionar contidos en directo e actualizacións permanentes para consolidar Afundación, tamén na súa modalidade online, como a entidade galega de referencia no seu ámbito. Cun fondo vivo, «Afundación en casa» reflicte a intensidade e calidade da programación da Obra Social de ABANCA.

O obxectivo é acompañar á sociedade no súa deber de permanecer na casa, ofrecendo múltiplas opcións mediante as que continuar formándose e crecendo dun xeito accesible e seguro. Ademais, esta iniciativa permite manter a actividade económica nos distintos ámbitos de actuación, tanto a nivel interno da entidade, como na súa relación cos seus colaboradores externos. En definitiva, a Obra Social de ABANCA, en liña cos seus compromisos estratéxicos a prol do avance social, esfórzase por apoiar á cidadanía nestes momentos excepcionais, mirando xa cara ao futuro.

Toda esta actividade, integrada por máis de 300 recursos, é facilmente accesible nos perfís das redes sociais de Afundación baixo a etiqueta #AfundaciónEnCasa.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM