O venres 30 remata o prazo para a presentación de traballos ao II Premio Cegasal de Xornalismo

O prazo de recepción dos traballos paraa segunda edición dos premios de Cegasal á mellor información xornalística sobre economía social, que contan de novo coa colaboración do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, péchase o próximo 30 de marzo.

Nesta nova edición aumenta o importe do galardón e divídese o premio en dúas categorías: unha dedicada ao mellor traballo en prensa escrita ou diarios dixitais, e unha segunda para informacións de radio e televisión, cunha dotación de 1.500 Euros cada un.

Os traballos deberán enviarse, antes do 30 de marzo, vía mail a cegasalcomunicacion@gmail.com, ou por correo ordinario ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (Rúa Ponferrada, 9, baixo. 15707 Santiago de Compostela). A información presentada deberá ir acompañada dun breve currículum do autor da mesma. Os gañadores daranse a coñecer na primeira quincena de maio.

Máis información aquí.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM