Taller intensivo de fotografía analóxica na cidade de Vigo

IMPARTIDO POR: MARÍA JOSÉ VALIDO

Neste taller intensivo reviviremos a fotografía analóxica, aprendendo todo o necesario para poder realizar revelados na casa de xeito artesanal. Atravesaremos todo o proceso analóxico, dende a práctica coas cámaras ata a dixitalización do material, revelado e proceso creativo fotográfico. Está dirixido a un público curioso con ganas de invocar e manter esta práctica fotográfica.

PROGRAMA

Tipos de cámaras
Características das películas
Carga de cámaras
Exercicios de fotografía
Revelado
Químicos
Cuarto oscuro
Secar película
Dixitalización

IMPARTIDO POR: MARÍA JOSÉ VALIDO

María José é de Buenos Aires, Arxentina. Adícase á fotografía dende hai 8 anos. Estudou cine na UNA, e deu clases de cine e fotografía no Instituto Audiovisual de Paraguai. Tamén participou en publicidade como Directora de Fotografía. Agora está especializada en fotografía analóxica e vive en Vigo dende fai un ano.

26 de XANEIRO DE 11.00H A 14.00H E DE 16.00H A 19.00H

APORTACIÓN: 50€ (6H.)

O Almacén Cultural Avenida Ramón Nieto 58, 36205 Vigo

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM