«Unha banda na casa», obradoiros de artes plásticas, ciencia, lingua e animación nos campamentos virtuais de Afundación

Gonzalo Maceira, de Furious Monkey House, e o seu Estudio Bonobo conducen o programa de creación dun grupo musical en directo en Afundación TV

A Obra Social de ABANCA continúa no seu portal Afundación TV, mañá luns 29 de xuño a partir das 11.00 h e en directo, coa terceira entrega de «Unha banda na casa», unha das súas múltiplas propostas dos seus campamentos virtuais de verán para todas as idades. En directo e en diferido, abranguen diferentes temáticas, desde o teatro, ata a elaboración de instrumentos musicais ou a práctica culinaria, pasando polo coñecemento dos riscos das redes sociais e Internet, as artes plásticas e os experimentos científicos ata o 17 de xullo.

A terceira das sesións do programa «Unha banda na casa», en directo, será mañá, luns 29 de xuño, ás 11.00 h en directo. Este programa, conducido polo profesor de música Gonzalo Maceira, de Estudio Bonobo e tamén integrante do grupo Furious Monkey House, consiste en transmitir a todo o público anotado coñecementos sobre a materia para, entre todos, ir compoñendo unha banda cos seus respectivos instrumentos.

Pola súa banda, desde Naturnova, o centro interactivo de educación ambiental de Afundación, preparouse un laboratorio virtual para levar á práctica experimentos de índole física ou atmosférica. Así, o luns explorarase o efecto Marangoni.

A raíz da mostra recentemente inaugurada en Agalería, a sala de exposicións virtual da Obra Social de ABANCA, titulada «O mar nas coleccións ABANCA e Afundación», o

equipo da área educativa de Afundación deseñou uns completos recursos didácticos nos que conxugan contidos de moi diferentes disciplinas. Así, mentres se practican habilidades lingüísticas e se aprenden novas palabras, repásanse temas vinculados coa xeografía e o medio ambiente de xeito ameno. O luns presentarase a segunda das aventuras destes Retos mariñeiros nos que se poñerán á proba as habilidades dos participantes.

No Obradoiro de artes plásticas, as nenas e nenos poderán aprender a compoñer unha elaborada mariña a partir de materiais reciclados, conxugando, deste xeito, o achegamento a un dos subxéneros pictóricos máis habituais co respecto polo medio ambiente a través da reutilización de material de refugallo. Na sección de animación audiovisual denominada «A hora do cómic cultural» será a quenda de abordar Krazy Kat, unha tira de prensa estadounidense creada por George Herriman.

Na sección de animación audiovisual denominada «A hora do cómic cultural» será a quenda de abordar Krazy Kat, unha tira de prensa estadounidense creada por George Herriman.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM