Luces e Sombras, 30 anos de fotografía en Vigo

Tras o anuncio do Concello de Vigo de ceder á Deputación de Pontevedra o edificio que foi construído para ser o Centro de Fotografía, para albergar a sede desta institución, diferentes asociacións de Vigo, cremos necesario realizar unha charla coloquio sobre a situación da fotografía na cidade durante estes últimos 30 anos. O feito de que un equipamento, que segundo declaracións oficiais estaba destinado a alberga-las coleccións fotográficas que xerou a Fotobienal de Vigo e o Arquivo Pacheco, e no que en 2015, coincidindo coa campaña das eleccións municipais, se realizou unha única exposición, nunha sala do edificio durante algúns meses. Dende aquela o edificio permaneceu pechado e sen uso, ata o recente anuncio de cesión para un fin alleo a aquelo para o que foi concibido.

Estas novas deben levar a unha reflexión sobre o pasado, o presente e, sobre todo, o futuro dunha disciplina tan importante para a nosa cidade como é a fotografía e o legado que deixa na nosa cidade. Por iso, o Ateneo Atlántico, xunto á asociación profesional de artistas A Colectiva, e o Colectivo CAIN, convocamos a tódolos colectivos fotográficos e profesionais do medio, aos medios de comunicación, e a cidadanía de Vigo, a unha charla coloquio con Manuel Sendón, presentada pola artista Iria Vázquez, que se celebrará o vindeiro Martes 8 de outubro, ás 20:00h, no auditorio do Instituto Politécnico de Vigo, na rúa Conde de Torrecedeira.

Luces e Sombras: 30 anos de fotografía en Vigo
Unha charla coloquio con Manuel Sendón · Presenta Iria Vázquez
Martes 8 de Outubro · 20:00h
Auditorio do Instituto Politécnico de Vigo · r/ Conde de Torrecedeira 88

 

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM