Vía Galega congregou a milleiros de persoas este sábado en 40 concentracións organizadas de xeito simultáneo en cidades e vilas galegas co lema “Non emigramos, expúlsannos. Soberanía e traballo digno”. “Nin emigración, nin caciques nin ladróns”, “Queremos traballar e non emigrar”, “Galiza lentamente vai quedando sen xente” ou “Contra a emigración, autodeterminación” foron algunhas das […]
Vía Galega, a Plataforma en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, convoca para este sábado 14 de decembro máis de 45 concentracións que se organizan de xeito simultáneo en cidades e concellos galegos ao abeiro da campaña “Non emigramos, expúlsannos. Soberanía e traballo digno”. “Estamos inmersos nunha campaña para denunciar as consecuencias negativas que ten […]
CCOO e UGT convocaron este mércores concentracións diante das sedes xudiciais da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo para rexeitar que se poida despedir a alguén por enfermar. As protestas convocáronse como reacción á sentenza emitida o pasado 16 de outubro polo Tribunal Constitucional, que permite o despedimento obxectivo por ausencias intermitentes […]
As mulleres galegas volveron saír masivamente ás rúas para reclamar avances reais e pór o foco, entre outras cuestións, na violencia xudicial que sofren “as mulleres e as crianzas” por mor dun marco legal que “non se está facendo efectivo na súa aplicación” porque, nos máis dos casos, “a reprodución das violencias durante os procesos […]
Como todos os anos, polo Día Internacional das Persoas sen Fogar, realizaremos un acto de rúa visibilizando as problemáticas de senfogarismo na nosa cidade. Será neste caso o día 26 de novembro, ás 19:00 h na peonil do Calvario. Durante o mesmo leráse un manifesto no que se fará un repaso da actualidade da situación das […]
O asociación VigoHistórico procedeu a colocar centos de zapatos pintados de verde no Paseo Alfonso este pasado sábado, reivindicaron unha peonalización da Porta do Sol ecolóxica con esta perfomance, con esta perfomance manifestaron que se reduza emisións. O obxectivo é chamar a atención para que se reconsidere a planificada co túnel, que é simplemente ornamental, […]
O movemento “2020: Rebelión polo clima” (que se forma a partir do movemento europeo “By2020 we rise up”) é unha plataforma de acción non violenta fronte á crise climática e ecolóxica que apela á diversidade de loitas, e fai un chamamento a rebelarse dende a solidariedade e a empatía contra o sistema de explotación, para […]
Vigo saiu a rúa no día de onte ás 20:30 horas en apoio ao pobo boliviano. Os manifestantes insistiron en que o acontecido en Bolivia responde á definición de golpe de Estado, xa que o presidente lexítimo, Evo Morales, foi forzado polas forzas armadas a deixar o poder. Ao tempo, vulneráronse as normas legais para […]
O colectivo #VigoHistórico vai proceder a colocar centos de zapatos pintados de verde no Paseo Alfonso, para reivindicar unha peonalización da Porta do Sol ecolóxica, que reduza emisións. O obxectivo é chamar a atención para que se reconsidere a planificada co túnel, que é simplemente ornamental, e non contribúe a reducir o tráfico e a contaminación. #VigoEnVerde […]
Ante a rotunda negativa dada pola Consellaría de Educación a abrir unha negociación para devolver os 18 períodos lectivos semanais en secundaria e os 21 en primaria, o profesorado galego apoiou esta tarde a convocatoria unitaria nas sete cidades para “recuperar a dignidade da profesión docente”. Nas protestas tamén se fixo un chamamento a secundar […]
O cadro de persoal de Barreras mobilizouse hoxe de novo polas rúas de Vigo para reclamar a implicación da Xunta de Galiza na grave crise que atravesa o estaleiro. Traballadores/as e delegados/as sindicais da CIG, CCOO e UGT marcharon en manifestación dende as instalacións da empresa en Beiramar até a delegación da Xunta coincidindo con outra xornada de paro de catro horas convocada polo comité. […]
Traballadores/as de Barreras e delegados/as sindicais da CIG marcharon hoxe en manifestación até a Xunta en demanda dunha solución á grave crise que atravesa o principal estaleiro privado do Estado español tras a súa entrada en preconcurso de acredores. O comité de empresa convocou tamén un paro de catro horas que foi secundado polo 100% […]
Traballadores e traballadoras de Correos concentráronse este xoves na oficina da empresa postal en Cee en rexeitamento aos abusos e ao trato desigual entre o persoal que se está a dar na unidade de reparto deste municipio, así como urxir a dirección de Correos a que abra unha investigación e tome as medidas oportunas para […]
Hoxe tivo lugar a terceira sesión do xuízo que se segue contra o compañeiro Xesús Anxo López Pintos (ex secretario comarcal da CIG de Ferrol) a quen lle piden unha condena de tres anos pola súa participación nunha mobilización do persoal do naval e de Poligal en 2012. Con tal motivo, ducias de delegados e […]
Delegadas e delegados da CIG continuaron este mércores as concentracións solidarias e para denunciar a represión sindical, con motivo do xuízo ao que se enfronta o compañeiro Xesús Anxo López Pintos pola súa participación nunha mobilización do persoal do naval e da xa pechada Poligal, no ano 2012. Nesta xornada declararon tres das testemuñas propostas […]
Comisións Obreiras (CCOO) únese á manifestación convocada na Coruña para o vindeiro martes, 19 de novembro, na que se rexeitarán os despedimentos no Banco Caixa Geral. A marcha comezará ás 11:30 horas diante da oficina principal de Abanca (rúa Nova, 30). Segundo CCOO, desde que Abanca se fixo coa filial española da entidade portuguesa Banco […]
Traballadores e traballadoras da industria auxiliar de Endesa continuaron este mércores co calendario de mobilizacións semanais para esixir un proceso de transición xusto que non deixe atrás a este colectivo laboral e demandar garantías de emprego. A protesta desenvolveuse na rotonda de acceso á central térmica das Pontes e nela fíxose un chamamento tamén a […]
Ao berro de “Xustiza para Pintos!”, a CIG realizou unha concentración este martes diante da Audiencia Provincial da Coruña coincidindo co primeiro dos tres días de xuízo contra o ex cosecretario comarcal da CIG de Ferrol, Xesús Anxo López Pintos, que se enfronta a unha petición de cárcere pola súa participación nunha mobilización dos traballadores/as […]
Esta mañá medio centenar de persoas xuntaronse nas portas do Concello de Vigo para apoiar a Abel e Carmela. “Agradecemos o apoio de todas as persoas que viñeron poñer o corpo para defender o dereito de todas a unha vivenda digna, así como para denunciar que as administracións competentes -Xunta e Concello- teñen a obriga […]
Representantes da CIG-Correos concentráronse esta mañá diante da dirección territorial da operadora de servizo postal e paquetería para denunciar que “O Correo rural pagámolo co noso xornal” e demandar o incremento do complemento que perciben as e os carteiros rurais por aportar o seu vehículo particular para facer os repartos, que está conxelado desde 2011. […]
O persoal sanitario galego protestou hoxe á porta dos hospitais para esixir o aumento de nivel profesional e retributivo. A Federación de Sanidade de CCOO iniciou hai meses unha campaña reivindicativa de alcance estatal para que o Goberno central revise o sistema de cualificacións e clasificación profesional no ámbito. O sindicato critica a anomalía de […]
A ODS-Coia convoca o venres 8 de novembro a partires das 11:00 unha concentración diante do Concello de Vigo baixo o lema: “Ningún despexo sen realoxamento. Vivenda para Abel e Carmela”. Desde hai meses unhas compañeiras da ODS-Coia viven co medo de ficar na rúa. A parella con dúas fillas pequenas, malviven cunha RISGA. Nos vindeiros días van ser desafiuzadas da casa na […]
Unhas 10.000 persoas participaron este domingo en Viveiro na manifestación convocada polo comité de Alcoa San Cibrao para esixir solucións que garantan a continuidade da actividade e do emprego no complexo industrial que “é o motor económico da Mariña dende hai corenta anos”. Baixo o lema “Enerxía solución. Polo futuro da Mariña”, a marcha, na […]
Arredor dun milleiro de persoas botáronse hoxe ás rúas de Vigo convocados pola CIG para lanzar un S.O.S ante a grave crise que atravesa a industria da bisbarra, especialmente o sector naval e a automoción, con constante perda de emprego e crecente precarización laboral. O secretario comarcal, Alberto Gonçalves, reclamou medidas “urxentes e eficaces” ao […]