A Xunta supervisa as obras de ampliación do IES de Teis

As obras de ampliación do IES de Teis, a piques de rematar, serán entregadas á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o vindeiro 24 de abril. Así o confirmaron hoxe responsables da empresa encargada destas ao delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves. Nunha visita realizada esta mañá ás novas instalacións deste centro vigués, […]

A Xunta financia con preto de 450.000 euros a nove asociacións para que desenvolvan programas de atención a vítimas de trata

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas destinada a entidades de iniciativa social que desenvolvan programas de atención integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos. En total, a través desta convocatoria -financiada ao 80% polo Fondo Social Europeo- resultaron beneficiarias un […]

Feijóo afirma que co Gran Montecelo os pontevedreses disporán dun hospital público máis amplo, máis humano e con capacidade para atender as necesidades dos próximos 50 anos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aseverou hoxe que co Gran Montecelo os pontevedreses disporán dun hospital público máis amplo, máis humano e con capacidade para atender as necesidades asistenciais dos próximos 50 anos; dunha atención sanitaria, en definitiva, máis moderna, áxil, próxima ao usuario e coa última tecnoloxía. Coa previsión de que o […]

A Xunta participará este luns no cumio de turismo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participará mañá no Cumio de Turismo impulsado pola Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal/AECT que terá lugar en Matosinhos (Portugal). Ao encontro, asistirán altos representantes de turismo de ambas rexións, así como de España e Portugal. Intervirán, entre outros, o director xeral de Turespaña, Manuel Butler; a directora de Turismo de […]

A Amtega e Red.es organizan un seminario sobre o procedemento para formar parte do rexistro de asesores dixitais da entidade estatal

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) acolle, o día 13 de abril, un seminario práctico (https://cdtic.xunta.gal/asesores-dixitais) para mostrarlles ás pemes como solicitar a súa inscrición no Rexistro de Asesores Dixitais de Red.es. Esta actividade está dirixida a profesionais do ámbito dixital interesados no asesoramento a empresas en […]

Feijóo sostén que a ampliación da AP-9, a autovía do Morrazo e a circunvalación de Pontevedra constatan a vontade de que a recuperación atope na Galicia atlántica o impulso para consolidarse

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a ampliación da autoestrada do Atlántico en Rande e Santiago, a Autovía do Morrazo e a circunvalación de Pontevedra son, todas elas, infraestruturas que confirman a vontade incuestionable de que a recuperación económica atope na Galicia atlántica o impulso que precisa para consolidarse e […]

A Consellería do Medio Rural coordina cos alcaldes as charlas informativas sobre a couza da pataca

A Consellería do Medio Rural vén de pechar cos alcaldes dos concellos limítrofes con Muxía as charlas informativas sobre a couza da pataca (Tecia solanivora), seguindo así o protocolo de actuación que xa se levou a cabo cando se declarou esta praga nos 32 concellos do norte de Galicia. As charlas, que serán abertas ao […]

Medio Ambiente e o COAG renovan a súa colaboración na iniciativa educativa ‘Proxecto Terra’ que se estrea este ano en escolas infantís

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Antonio Maroño, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para desenvolver o chamado Proxecto Terra, unha iniciativa didáctica que leva 15 anos achegando o mundo da arquitectura e do territorio aos escolares a través […]

A Xunta pon á disposición da mocidade de Lalín o Espazo Emprende para facilitar a posta en marcha dos seus negocios e ideas

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentou hoxe o novo Espazo Emprende –antes Espazo Xove- de Lalín onde os mozos e mozas poderán impulsar os seus proxectos de emprendemento a través do coworking. Nestas instalacións, os usuarios disporán tanto de medios como de asesoramento personalizado e formación para a posta en […]

As mulleres representan xa o 54% das persoas que emprenden no rural

A Consellería do Medio Rural celebra os últimos datos sobre o papel da muller no mundo rural xa que demostran que están asumindo formalmente o papel que merecían no mundo rural. Así, destaca o feito de que o 54% das persoas que emprenden no rural son mulleres fronte ao 46% dos homes, unha cifra que […]

A Xunta subliña os máis de 300.000 euros destinados ao apoio, promoción e difusión das festas de Interese Turístico de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe á XXXII Festa da Ostra de Arcade, unha das preto de 120 festas de Interese Turístico de Galicia coas que conta a nosa Comunidade e para as que o Goberno galego destina este ano no seu conxunto máis de 300.000 euros para o seu apoio, […]

Sanidade forma a 1.550 profesionais de atención primaria na emerxencia cardiovascular a través do programa REDCASA

A Consellería de Sanidade acaba de impulsar un novo programa de formación, a Rede de Capacitación Sanitaria (REDCASA), dirixido a aumentar a seguridade do paciente por medio do adestramento dos equipos profesionais sanitarios, no seu lugar de traballo e na súa xornada laboral. Neste adestramento empréganse técnicas de simulación avanzada que remedan situacións reais, con […]

Galicia lidera dentro de España a execución dos fondos europeos do Programa de Desenvolvementro Rural no que vai de 2018

Galicia lidera, dentro de España, a execución dos fondos europeos do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) para o período 2014-2020. A nosa comunidade acadou o 69,02% do gasto público total do Feader desde o inicio do presente exercicio, contemplando os pagos entre o 16 de outubro de 2017 e o 28 de febreiro de 2018. […]

A Xunta incrementa nun 20% as axudas individuais para galegos do exterior en situación de precariedade, aos que destina 2,6 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria das axudas económicas individuais a residentes no Exterior para o ano 2018 que concede anualmente a Secretaría Xeral da Emigración e que este ano incrementan unha suba do 20 %, pasando dos 2,1 millóns destinados a este fin en 2017 aos 2,6 deste ano. […]

A Xunta pon en marcha unha páxina web para difundir entre os axentes do sector as axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca

Unha páxina web da Consellería do Mar ofrece ao sector e aos axentes interesados información e asesoramento relacionado coas axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Neste espazo, dedicado exclusivamente ao fondo FEMP, as persoas interesadas poden acceder ás convocatorias vinculadas a esta ferramenta de financiamento pesqueiro, ás resolucións de concesión das axudas e tamén a […]

O CDTIC da Amtega organiza o 4 de abril unha xornada sobre o almacenamento masivo de datos coa plataforma de código aberto Ceph

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acolle, o día 4 de abril, unha xornada que leva por título “Ceph, unha solución aberta para a xestión masiva de datos no teu CPD” (https://cdtic.xunta.gal/ceph) e que se desenvolverá nas súas instalacións de Santiago de Compostela de 9.30 a 14.00 horas. […]

Medio Rural coordina cos alcaldes de Muxía e dos municipios da zona tampón as medidas de control da couza da pataca

A Consellería do Medio Rural está a coordinar cos alcaldes da nova área afectada pola praga da couza da pataca as medidas de control que se están a levar a cabo no contorno da Costa da Morte. En concreto, a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, recibiu esta mañá aos […]

O DOG publica a convocatoria de axudas extraordinarias para facilitar a chegada a Galicia aos emigrantes retornados con menos recursos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a emigrantes galegas e galegos retornados, que teñen por finalidade axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu regreso á Comunidade Autónoma de Galicia ás familias que presentan máis dificultades para […]

López-Chaves: “A Xunta activou os mecanismos á súa disposición para sortear a anulación do PXOM vigués, agora correspóndelle ao concello o seu desenvolvemento”

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, puxo hoxe en valor os mecanismos activados polo Goberno galego en materia de ordenación do territorio co obxecto de sortear a anulación xudicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) na cidade. Neste senso, recordou que foi a Administración autonómica a que, coa Lei de Medidas en […]

Ethel Vázquez avanza a posta a disposición no verán de 3 novas sendas peonís e ciclistas na estrada PO-552, nos concellos de Vigo e Nigrán, cun investimento superior ao millón de euros

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, avanzou hoxe a posta a disposición no verán de 3 novas sendas peonís e ciclistas na estrada PO-552, nos concellos de Vigo e Nigrán, cun investimento superior ao millón de euros A intervención abarca a construción de […]

A Xunta presenta o novo curso en liña preparatorio do Celga 4

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira Álvarez, presentaron esta mañá o novo curso en liña preparatorio para a obtención do certificado de lingua galega Celga 4, que este ano realizarán por primeira vez a través da rede […]

A Xunta constitúe a Comisión Técnica Permanente como órgano de estudo previo á Comisión Galega de Protección Civil

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, presidiu hoxe a primeira reunión da Comisión Técnica Permanente de Protección Civil, na que se informaron favorablemente as revisións dos Plans de Emerxencia das presas de Caldas de Reis e de Meicende. Ademais, homologáronse plans de actuación municipal do concello de A Peroxa ante o risco […]

A Xunta convoca as novas axudas para a instalación de ascensores e elementos de accesibilidade na vivenda, duplicando o orzamento ata os 2,5 millóns de euros e co obxectivo de beneficiar a 850 fogares

A Xunta de Galicia convoca hoxe as novas axudas para instalación de ascensores e elementos de accesibilidade na vivenda, duplicando o seu orzamento ata os 2,5 millóns de euros e co obxectivo de beneficiar arredor de 850 fogares de toda Galicia. Co gallo da publicación no Diario Oficial de Galicia destas axudas, a conselleira de […]

Conde destaca que a Administración debe actuar como panca para favorecer que a muller gañe presenza no emprendemento e na innovación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou hoxe na Coruña que a Administración debe actuar como panca para favorecer que a muller gañe presenza no emprendemento e na innovación e destacou o seu importante papel para que que a economía creza e progrese, tras a súa participación hoxe na Coruña nun networking […]

1 2 3 38