Valmiemprega III promociona Valmiñor en Turexpo 2019

O Obradoiro de emprego Valmiemprega III, promovido polos Concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, participa dende o pasado xoves 6 ata o vindeiro domingo 9 de xuño, no IX Salón Turístico de Galicia –TUREXPO GALICIA , dentro da Semana Verde de Galicia en Silleda, promocionando os recursos turísticos do Val Miñor. O alumnado traballador da […]

Organizan en Gondomar un taller baixo o nome “A saúde oral na vida da muller”

Segunda charla-taller “A saúde oral na vida da muller”, o próximo venres 31 maio ás 19:00h. Charla enmarcada dentro do ciclo de charlas organizadas dende a Concellería de Igualdade a través do CIM. Noticias VigoNoticias de última hora en Vigo http://www.noticiasvigo.es

Fai dous dias deu inicio o Campus de Primavera Alquimétricos_Maio·Xuño·2019.

Deu inicio como mecanismo e ferramenta necesaria de liberación e descentralización dos saberes suxeitos ás lóxicas directivas, limitantes e competitivas das elites academicistas amparadas polo poder capitalista; pra fomentar outros xeitos de aprendizaxe máis abertos e libres dende unha óptica humanista, onde o coidado no proceso prime sobre a valoración dos resultados. Este proceso permítenos […]

Gondomar anuncia a 7ª Edición Festa da Empanada

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor OVALMI en colaboración coa Concellería de Comercio do Concello de Gondomar, organiza do 16 ao 19 de Maio a 7ª Edición Festa da Empanada.   Neste evento, participan 12 establecementos hostaleiros de Gondomar, que enxalzan esta delicia culinaria tan arraiga na tradición de Galicia, convidándonos a […]

Terceira conferencia de Roberto  Relova no Conservatorio de Gondomar

Mañá venres 10 de maio o Conservatorio Municipal de Gondomar ofrece a terceira conferencia do Ciclo: “A (de)construción dos grandes personaxes femininos desde a música, o mito e a historia”. Nesta ocasión o doutor en Etnomusicología Roberto Relova falará sobre personaxes femininos na obras de Donizetti, Verdi ou Tchaikovsky entre outros, baixo o epígrafe de […]

O 18 de maio chega a Gondomar a 53 edición Rally Rías Baixas

Hoxe pola mañá, en dependencias municipais, estiveron reunidos coa Concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, representantes da Garda Civil, Policía Local, GES, Protección Civil, e da propia organización do evento, para tratar a organización e loxística do Rallye Rías Baixas e así garantir a seguridade non só dos participantes, senón tamén de todos os espectadores.   […]

Solicitudes de servizo de comedor escolar e material escolar para educación infantil para o curso 2019-2020

Dende o Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, comunícase a apertura do prazo de presentación de solicituder do SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR e MATERIAL ESCOLAR INFANTIL (Para situacións de emerxencia Social), correspondentes ao vindeiro curso 2019-2020. Todas aquelas familias interesadas poden presentar a solicitude dende o próximo día 13 de maio ata 21 […]

Arde parte dunha vivenda en Gondomar sen causar danos persoais

Un incendio arrasou parte dunha vivenda no lugar de Chaín, en Gondomar. Malia a que a casa está habitada, ninguén resultou ferido e o lume quedou extinguido pouco tempo despois. Os feitos ocorreron ás nove da noite de onte, cando uns traballadores percibiron o incendio e chamaron decontado ao 112 Galicia. A partir de aí, […]

Maís que unha carreira, unha experiencia… II Gladiator Kids

A concellería de Xuventude e Deportes do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, aposta unha vez máis por Gladiator Kids. Unha proba diferente na que participan nenos e nenas entre 3 e 11 anos acompañados dun adulto. Esta proba de obstáculos ten un carácter lúdico e non competitivo, consiste nunha serie de probas adaptadas […]

Segunda conferencia de Roberto Relova no Conservatorio de Gondomar

Mañá mércores 10 de abril, o Conservatorio Municipal de Gondomar ofrece a segunda conferencia do Ciclo: “La (de)contrucción dos grandes personaxes femininos dende a música, o mito e a historia”. Nesta ocasión o doutor en Etnomusicoloxía Roberto Relova falará sobre o mito dos personaxes femininos na ópera romántica: “Mulleres e Heroicas”. A conferencia se celebrará […]

O Concello de Gondomar abre a solicitude de cursos baixo a modalidade de formación On-Line

Dende a Concellería de Igualdade e través do Centro de Información á Muller (CIM), ponse en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de FORMACIÓN ON-LINE. Este tipo de formación baséase nunha metodoloxía flexible coa que xa levamos traballando estes últimos anos. Ao igual que en edicións pasadas os cursos serán gratuítos e estarán […]

A Sociedade Atlética Val Miñor organiza o sábado día 27 de abril de 2019 a “1ª Carreira Popular Concello de Gondomar”

A Sociedade Atlética Val Miñor organiza o sábado día 27 de abril de 2019 a “1ª Carreira Popular Concello de Gondomar”, coa colaboración e patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Gondomar. As probas de atletismo darán comezo a partir das 18:30h. Poderán participar cantas persoas o desexen estean ou non federados. O circuíto […]

Este sábado en Gondomar “La catarsis emocional de Jude”

Nesta obra embarcámonos nunha viaxe a través de distintas cancións da tan coñecida banda de rock dos 60, The Beatles. A concatenación de diferentes cancións lévannos da man por unha travesía de crecemento persoal que experimenta a protagonista a través do mundo dos soños. Mestúranse aspectos tan coñecidos como as famosas cancións do grupo británico, […]

“Semana de masterclass e conferencia sobre a visión da muller na arte no Conservatorio de Gondomar”

Dende onte o Conservatorio de Gondomar comezou unha semana intensa de masterclass abertas ao público en xeral, cos profesores Paula Colás na especialidade de violín. Hoxe continuarán co clarinetista Felipe Agell , e xoves e venres co guitarrista Agustín Lage, e o pianista Emilio Álvarez respectivamente. Mañán mércores 27, comezará un ciclo de conferencias a […]

O Concello de Gondomar porá en marcha o martes a 1ª Fase do Plan de Tráfico para o Centro urbano de Gondomar

Deste xeito, a Policía Local no ámbito das súas competencias reordenará circulación nas rúas: Pereiras, Emigrante, Ánimas, Levada do Beco e Av. do Conde; todas elas pasarán a ser de sentido único de circulación cunha mellora na seguridade viaria e fluidez circulatoria facilitando o tránsito de autobuses e transporte pesado cara ás parroquias de Chaín, […]

Gondomar acaba o mandato cun remanente de tesourería de 2.507,352,83€ e o 2018 cun superávit de 433.346,13€

O Concello de Gondomar aprobou con data 14 de febreiro de 2019 a liquidación do Orzamento Xeral de 2018 do Concello, que cumpre a regra de gasto, o equilibrio orzamentario e o endebedamento, as regras fiscais que garanten a estabilidade financeira do Concello. Un peche de exercicio que se salda cun superávit (capacidade de financiamento) […]

A Policía Local de Gondomar realizou no día de hoxe o acto oficial de presentación polo xefe do Corpo dos auxiliares de policía

A Policía Local de Gondomar realizou no día de hoxe o acto oficial de presentación polo xefe do Corpo dos auxiliares de policía ante o alcalde como máxima autoridade responsable da Administración local gondomareña. Esta incorporación de catro novos efectivos, froito do convenio asinado entre a Xunta de Galicia a través da Academia Galega de […]

Gondomar pon en marcha unha campaña de concienciación para o aforro e consumo responsable de auga

O Concello de Gondomar celebra o venres 22 de marzo o día Mundial da auga impartindo charlas informativas nos centros educativos do municipio, Gardería San José e nas asociacións veciñais, xunto coa entrega dun exemplar do Manual de Bos Usos: “En Gondomar amamos a auga”, libro que foi editado polo concello e que será repartido […]

Gondomar celebrará o 6 de abril a súa gala IV Gala do Deporte

Gondomar celebra o día 6 de abril no Pavillón Municipal de Deportes ás 20 horas a súa IV gala do deporte, evento promovido polo alcalde Paco Ferreira e a Concellería de Deportes dirixida por Nuria Lameiro co apoio da Deputación Pontevedra. Con esta cita conducida por Terio Carreira presentador deportivo do telexornal mediodía da TVG. […]