Dende a capacidade soberana de decisión, a asamblea de comuneiros decidiu o rexeitamento sen paliativos da implantación do parque eólico sobre a superficie propiedade do monte veciñal. Esa mesma capacidade soberana podería ter decidido dentro das súas atribuciòns apoiar a instalación do mesmo, pero non o fixo, e non o fixo entre outras cousas polo seguinte:
Para os comuneiros do monte veciñal de VINCIOS, o noso monte, e algo mais que unhas rochas sobre as cales sopla o vento. Forma parte dende tempos inmemoriais do sustento e cultura da Parroquia e a sua contorna. Pero ademais a silueta no horizonte do Galiñeiro e única e inconfundible , visible dende moitos pontos da província, recoñecida internacionalmente e orgullo de todolos veciños.Esa imaxe non debe cambiar! Cambiala e mudar a história dunha parroquia que síntese moi orgullosa e representada por ela.
Esto podería ser motivo suficiente, pero a Quen non lle chegue, lle diremos, que ademais dos argumentos expostos polas diferentes organizaciòns que non apoian a implantación do parque, dende o punto de vista ecolòxico, paixasístico, etc cos cales concordamos, os veciños comuneiros queremos facer valer a prevalência, a prevalência do que xa existe… os servizos do ecosistema.
– A parroquia, e contorna bebe a auga que recolle este monte, auga limpa, sin contaminación, auga “ verde” que permite non ter que utilizar bombeo,todo é caída libre, tubaxes menos longas…e polo tanto non contaminar, “ XA SOMOS VERDES”.
– As àrbores que estamos a plantar, reconstruindo un monte queimado na sua totalidade no ano 2017, e sen axuda de ningunha institución, son o futuro da biodiversidade e a garantía de que non haberà perda de solo, nin escorrentias de auga de chuva que xeneren riadas e disminución dos acuíferos. “#XASOMOSVERDES”.
– Esas mesmas àrbores xà son sumidoiros de CO2 que están a contribuir cos obxetivos para deter o cambio climático que Europa quere revertir.”XA SOMOS VERDES”.
Como XA SOMOS VERDES, non precisamos de que 400 hectáreas do noso monte, prácticamente todo, estén a disposición de un futuro parque eólico que lonxe de mellorar a vida das persoas que vivimos, vai facer pistas, enterrar cableado, construir subestacions, etc que van mudar para sempre todos eses servizos ecosistémicos dos que falamos anteriormente. Caendo nunha terrible contradicción, ¿como e posible que para obter un beneficio “verde” eliminemos todos os demais que xa existen “verdes”?.
Non se sostén.
Comunidade De Montes de VINCIOS
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.