🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Un total de 16 empresas presentan ofertas para executar a nova senda peonil e ciclista na estrada PO-411 en Parderrubias, en Salceda de Caselas, cun investimento de máis de 876.000 euros

Un total de 16 empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras da nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-411, en Parderrubias, no concello de Salceda de Caselas, que suporá un investimento da Xunta de máis de 876.000 euros. Trátase da execución dunha senda de algo máis de 2 quilómetros […]

Dende mañá martes 26 de xaneiro e ata o vindeiro luns 15 de febreiro permanecerá en exposición pública a nova numeración do casco urbano de Salceda de Caselas, para que as persoas afectadas poidan realizar alegacións se o consideran oportuno. Os documentos pódense consultar xa na páxina web do Concello (www.salcedadecaselas.gal), e para consulta presencial […]

Protección Civil de Salceda de Caselas conta cun novo remolque para emerxencias

A Alcaldesa, Loli Castiñeira, e representantes da Agrupación de Protección Civil de Salceda recibiron de mans do Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, un novo remolque de emerxencias para incorporar aos equipamentos da agrupación de voluntarios e voluntarias. O remolque está deseñado para acceder a núcleos de poboación con vías estreitas, así como para […]

Responsables da Fundación La Caixa visitaron as instalacións do campo de fútbol do Penedo Redondo en compaña de representantes da Escola de Fútbol Denis Suárez ademais de pola alcaldesa, Loli Castiñeira, o Concelleiro de Deportes e o arquitecto municipal. Miguel Capón, director da Escola, exerceu de anfitrión na visita guiada ás instalacións para que as […]

Salceda de Caselas licita os diferentes seguros municipais

O Concello de Salceda de Caselas ven de licitar os diferentes seguros municipais por un importe de 50.788,82 €, o que supón un aforro para as contas municipais de máis de 12.000 € anuais. O proceso dividiuse en diversos lotes, nos que se inclúen 10 vehículos, 15 edificios municipais (ata o de agora eran 6 […]

O relevo xeracional asegúrase coa estrea do Rancho Infantil da Feira

Salceda de Caselas vivíu unha xornada de Reis histórica ao contar coa tradicional actuación do Rancho de Reis da Feira e á estrea do seu Rancho Infantil, conseguindo un relevo xeracional dunha das tradicións máis singulares do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués. A parte máis emotiva da mañá foi a estrea do Rancho Infantil da Feira […]

A Deputación de Pontevedra recupera para as persoas o antigo Campo da Feira da Devesa de Salceda e mellora a mobilidade da EP-2505 ao seu paso polo concello cun investimento dun millón de euros

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou hoxe xunto á alcaldesa de Salceda, Dolores Castiñeiras, aos deputados de infraestruturas e Cooperación, Gregorio Agís e Santos Héctor, ademais da tenente de alcaldesa Verónica Tourón e integrantes do goberno local, dúas obras levadas a cabo con achegas da institución provincial neste concello cun investimento próximo […]

O ‘Revitaliza’ compostará preto de 1.000 litros de lixo orgánico da Festa dos Callos de Salceda

Obxectivo acadado: a XXVII Festa dos Callos de Salceda non só foi un éxito de público e conseguiu vender todas as racións preparadas, senón que é tamén un evento gastronómico dos máis sustentables para o medio ambiente na provincia de Pontevedra. A cidadanía que acudiu onte a Salceda para comer unha ración de callos colaborou […]