O Concello de Gondomar mellora a seguridade viaria nas inmediacións do pavillón e institutos

Publicado por o día 15/01/2021 na sección de Galicia,Gondomar

O Concello de Gondomar mellora a seguridade viaria nas inmediacións do pavillón e institutos

As obras de mellora da seguridade viaria na estrada EP-2303 Gondomar-Vilaza-Parada xa están en marcha co obxectivo de seguir ampliando a implantación dun modelo seguro e sustentable da rede viaria na provincia, e concretamente no concello de Gondomar.

O alcalde e técnicos da Deputación provincial visitaron nas últimas horas esta actuación que contempla a construción dun muro de contención e unha senda peonil para garantir a seguridade nas inmediación do pavillón municipal, institutos e o campo de Fútbol de As Gaiandas, situados nesa contorna.

A obra, que desenvolve a Deputación Provincial, conta cun orzamento de 32.000 euros e ten un periodo de execución de dous meses, aproximadamente. Nela contémplase unha senda peonil de 2,5 metros de anchoh na súa marxe dereita, enlazando coas beirarrúas existentes na estrada. Ademais ampliarase a plataforma de vía, e se contruirá un muro de contención de 2,3 metros de altura e 60 metros de longo, executándose os recheos precisos para garantir a súa conservación.

Por último colocarase unha barreira protectora e separadores reflectoras para delimitar de forma clara a senda da calzada.