Técnicos da Xunta empezarán esta semana os traballos para a recuperación do terreo e evitar a súa erosión tras os lumes

Técnicos de diferentes departamentos da Xunta empezarán esta semana a traballar para avaliar a situación dos incendios forestais e planificar as medidas necesarias de actuación sobre os terreos, co fin de evitar o arrastre de cinzas e favorecer a recuperación da vexetación, así como o control da calidade da auga. A conselleira do Medio Rural, […]

Comunicado dos grupos ecoloxistas sobre a detención do compañeiro Miguel Martínez

As circunstancias que rodean a detención de Miguel Ángel Martínez Novoa causan preocupación en todo o ecoloxismo galego. Miguel é unha persoa coñecida, valorada e querida de todas as persoas que ao longo dos anos noventa do pasado século activaron a loita social contra o a deterioración da natureza no noso país. O Movimento Ecoloxista […]

A DEPO aproba axudas por preto de medio millón de euros para mellorar montes e crear dezaseis parques forestais

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe na Xunta de Goberno axudas por un total de 443.966,87 euros para redactar proxectos de parques forestais e realizar actuacións de mellora e recuperación nos montes da provincia potenciando os seus valores paisaxísticos, ambientais, culturais e patrimoniais, así como a súa multifuncionalidade. O importe das subvencións repartirase entre dez […]

Amigos da Terra advirte da próxima vaga de lumes en Galicia

Reeditado un ano máis o protocolo de actuación para a rexeneración dos solos queimados a organización ecoloxista anuncia onde, cando, quen e por causa de que se provocarán os incendios do ano que vén e pide ás administracións que actúen en consecuencia. Onde:  O 50% dos incendios prodúcense desde que contamos con estatísticas en apenas […]

Ante a magnitude da catástrofe ocorrida nos últimos días, a Asociación Forestal de Galicia (AFG) quere trasladar o seu pésame aos familiares e amigos dos falecidos nos recentes lumes. Tamén manifesta o seu apoio aos miles de propietarios forestais e comuneiros afectados polos múltiples incendios forestais sucedidos en Galicia, que viron indefensos como o froito […]

A Xunta identificará co sector as zonas afectadas polos incendios forestais que poidan supor un risco para os bancos marisqueiros

O Goberno galego identificará xunto co sector as zonas afectadas polos incendios forestais que poidan supor un risco para os bancos marisqueiros. Para iso, a Consellería do Mar, que mantén en alerta de activación xa desde o domingo ao Servizo de Gardacostas de Galicia, xa enviou ás confrarías galegas unha comunicación na que lles solicita […]

Que fago se atopo un animal ferido ou aparentemente indefenso?

Esta semana empezámola mal, en Vigo o lume rodéonos, foron horas interminables e de moito medo e incerteza. O motivo polo cal é leste artigo é por se vos atopades con algún animal que sufrise as inclemencias do lume e como actuar. Un animal silvestre ferido, enfermo necesita da atención e dos coidados que se […]

Situación dos lumes forestais en Galicia con datos recollidos ata as 19,30 h

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais que superan as 20 hectáreas de afectación con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe. Noticias VigoNoticias de última hora en Vigohttp://www.noticiasvigo.es

Feijóo confirma que non hai ningún incendio de Situación 2 e avanza que a Xunta comeza xa a avaliar os danos

Logo de confirmar que desde esta mañá non hai ningún incendio de situación 2 en toda a Comunidade, o presidente da Xunta subliñou que o Goberno galego está xa a avaliar os danos provocados pola vaga de lumes dos últimos días. O obxectivo é axudar, asegurou, en primeiro lugar, ás persoas que perdesen a súa […]

II Comunicado de SGHN sobre a dramática vaga de lumes en Galicia

Se unha imaxe vale máis que mil palabras, véxase a portada da publicación de SGHN do ano 1983, “visionaria” do problema e das súas consecuencias. SGHN diante da proliferación de recetas para axudar a paliar a lamentable situación na que quedan os montes despois desta vaga de incendios, manifesta o seguinte: – Desaconsellamos fortemente o […]

I Comunicado da Sociedade Galega de Historia Natural sobre a dramática vaga de lumes en Galicia

Aínda que a Sociedade Galega de Historia Natural non é partidaria das manifestacións en quente e mesmo podemos dubidar de se é o mellor momento, desde SGHN apoiamos as concentracións convocadas en diversas cidades e vilas polo Comité de Defensa do Monte Galego entendendo que diante deste problema debemos estar todos xuntos, incluíndo aos nosos representantes. […]

Horticultura para el desarrollo sostenible: caso marihuana

Producir hortalizas bajo condiciones controladas para extender la temporada, o generarlas bajo resguardo en espacios cerrados ante condiciones no propicias, de eso se trata la horticultura. Es una industria en crecimiento en todo el mundo que pretende incentivar el cultivo de los alimentos frescos, ya sea a nivel particular o en escala industrial, con la […]

Feijóo destaca o traballo das brigadas e fai un chamamento á colaboración cidadá ante a actividade incendiaria homicida

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o traballo das brigadas e fixo un chamamento á colaboración cidadá ante a “actividade incendiaria homicida” que está a sufrir Galicia. “Están bordeando o homicidio”, aseverou sobre os incendiarios, facendo fincapé na importancia da colaboración cidadá na loita contra os lumes, xa que “ante calquera persoa […]

Último informe da Consellería do Medio Rural sobre situación dos lumes forestais

A situación creada pola elevada actividade incendiaria levou á Xunta e ao Goberno Central a redobrar os esforzos para facerlle fronte. Desde o Centro de Coordinación Central -no que esta tarde estivo o propio presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo- supervísase o traballo de 350 brigadas, 220 motobombas, 40 pas e unha vintena de […]

A provincia de Pontevedra ameazada e pasto polos lumes | #ArdeGaliza

Galiza está a sufrir nas últimas horas unha elevada actividade incendiaria, con clara intencionalidade e virulencia, de forma que se rexistraron ata 80 incendios no noso país desde o día de onte. Ademais, hai incendios en Portugal que están preto da fronteira con Galiza e que obrigan aos medios da nosa comunidade a multiplicar os […]

Situación dos máis de 80 lumes forestais que azotan Galicia

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 h. de hoxe. ACTIVOS Paderne de Allariz (Cantoña) Permanece activo desde as 22,37 h. de onte un lume en Paderne de Allariz, parroquia de Cantoña, que afecta provisionalmente unhas 20 hectáreas. No lugar traballan 3 axentes, 8 brigadas, […]

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos 80 lumes forestais nas últimas 24 horas

Foto: Praza.gal Galicia está a sufrir nas últimas horas unha elevada actividade incendiaria, con clara intencionalidade e virulencia, de forma que se rexistraron ata 80 incendios na nosa comunidade desde o día de onte. Ademais, hai incendios en Portugal que están preto da fronteira con Galicia e que obrigan aos medios da nosa comunidade a […]

O Goberno galego activa un paquete de axudas extraordinario para apoiar aos agricultores e gandeiros afectados pola seca

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a posta en marcha dun paquete de axudas extraordinario para apoiar aos agricultores e gandeiros afectados pola seca. Logo de recordar que a Xunta está a seguir paso a paso a folla de ruta fixada no Plan de seca, Feijóo subliñou que o paquete de […]

A Asociación Forestal de Galicia recibe unha visita de silvicultores de Aquitania  interesados pola problemática do nematodo

O pasado xoves 5 de outubro propietarios franceses da rexión da Aquitania desprazáronse ata Galicia e Portugal de cara a coñecer de primeira man o problema e as medidas adoptadas no referente á praga do nematodo do piñeiro. As importantes superficie de piñeiro daquela rexión francesa levas aos seus propietarios a ver o avance desta […]

Xornada de experiencias de voluntariado europeo

Tes menos de 30 anos? Queres traballar en máis de 20 países de Europa? O 10 de outubro achégate ao Campus de Ourense á xornada sobre Voluntariado Europeo. Amigos da Terra en colaboración ca Vicerreitoría do Campus de Ourense realiza unha xornada sobre o servizo de voluntariado europeo, para informar das súas vantaxes á mocidade […]

Recentemente representantes da Asociación Forestal de Galicia reuníronse co director xeral de Ordenación e Produción Forestal para tratar, entre outros asuntos, o uso de asadeiros en espazos de recreo e o problema dos vertedoiros ilegais nos montes. Uso social dos montes privados Nesta reunión expúxose o feito que os montes periurbanos, ademais de ser zonas […]

En Marea considera que a Xunta está baleirando de funcións o corpo de axentes medioambientais

En Marea quere saber os motivos polos que a Consellería de Medio Ambiente está a ocultar e dificultar as importantes labores de protección e conservación que fan os axentes medioambientais dependentes da admnistración autonómica. O colectivo quéixase de que a Xunta está deixando o corpo practicamente sen funcións, malia teren encomendadas, entre outros cometidos, a […]

Unha quincena de voluntarios do Concello de Nigrán retira media tonelada de lixo

Unha quincena de voluntarios retirou este domingo media tonelada de lixo do esteiro de A Foz (A Ramallosa) na “X Limpeza Simultánea” organizada polo Concello de Nigrán e coordinado pola asociación ecoloxista Adega no marco do “Proxecto Móllate polos Ríos”. Aproveitando a marea baixa, os participantes extraeron fundamentalmente material de construción, botellas de vidro, plásticos, neumáticos […]

A Oficina Técnica da Seca propón declarar a alerta por seca en seis concas da demarcación Galicia-Costa

A Oficina Técnica da Seca (OTS) propuxo esta mañá decretar a situación de alerta por seca en seis dos 19 sistemas da bacía hidrográfica Galicia- Costa. Así o explicou o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, tras a reunión da OTS, celebrada hoxe e na que se propuxo pasar da situación de prealerta […]

1 2 3 13