Segue adiante a folga indefinida no sector de xustiza mentres a Xunta “enroca” as negociacións

Segundo día de reunións maratorianas na EGAP entre o comité de folga de Xustiza e a Xunta de Galiza e segundo día no que a administración galega “enroca as negociacións” presentando propostas que mesmo empeoran as ofertas anteriores en puntos nos que había certo entendemento e pretendendo xogar ao desgaste e á división. Unha tensión […]

Mantense a folga do día 25 na xustiza ante as propostas insuficientes da Xunta

As centrais sindicais con representación na administración de Xustiza de Galiza manteñen a convocatoria de folga para o vindeiro 25 de xaneiro tras resultaren insuficientes as propostas trasladadas pola Consellaría durante a xuntanza mantida este martes. Aínda que no encontro, con mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, se produciron avances en tres dos cinco […]

A segunda xornada de folga no sector de xustiza de Galiza rexistra un seguimento do 90%

As traballadoras e traballadores da Administración de xustiza responderon á falta de vontade negociadora da Xunta secundando masivamente a segunda xornada de folga convocada no sector, que este mércores rexistra unha participación no conxunto do país do 90%.  Dende CIG-Xustiza manifestaron a satisfacción polo apoio logrado, que provocou que numerosos xulgados e servizos estean pechados […]

A primeira xornada de folga na Administración de xustiza galega rexistra un seguimento do 85%

O primeiro día de folga dos dous convocados na Administración de xustiza galega para rexeitar o desmantelamento do sector e reclamar unhas condicións laborais dignas rexistrou un seguimento do 85% no conxunto do país. Dende as centrais promotoras valoran moi positivamente a incidencia do paro, que provocou o peche de numerosos centros de traballo, e […]

A Xunta de Persoal de Xustiza en Pontevedra critica o tratamento informativo da detención dun compañeiro en relación coa vaga de lumes

A Xunta de Persoal da Administración de Xustiza en Pontevedra vén de expresar publicamente mediante un comunicado o seu malestar polo tratamento informativo da detención dun compañeiro destinado nos Xulgados de Vigo pola súa presunta relación coa última vaga de lumes forestais. Dende a representación dos traballadores/as reclaman respecto á presunción de inocencia e denuncian […]

Descoñecemento absoluto entre o persoal de como e cando será o traslado dos xulgados da Coruña

A Xunta de Persoal da Administración de Xustiza na provincia da Coruña compareceu en rolda de prensa esta mañá para denunciar o “absoluto descoñecemento” que teñen os traballadores e traballadoras de como se vai realizar o traslado das dependencias xudiciais ao novo edificio Fábrica de Tabacos. Un traslado “inminente” pero do que, subliñaron, nin sequera […]