🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O parlamento demanda, a instancia do Grupo Popular, que a comisión mixta Fomento-Xunta estude a supresion da peaxe no tramo Vigo-Redondela da AP-9

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Comisión Mixta Ministerio de Fomento-Xunta de Galicia para a xestión da AP-9 a que estude posibles fórmulas para a supresión da peaxe na Ponte de Rande no tramo Vigo-Redondela. Ao mesmo tempo, […]

Bará pide suprir a peaxe Redondela-Vigo e propón un “Plan Chapela” para solucionar os problemas derivados da ampliación de Rande

O deputado por Pontevedra Luís Bará denunciou que a AP9 “é a historia dun saqueo legalizado e favorecido por gobernos do Estado de todas as cores, coa privatización a prezo de amigo do PP, precisamente sendo conselleiro de Infraestruturas o señor Feijóo, quen actuou con submisión e vasalaxe traizoando a este Parlamento co veto vergoñento […]

O BNG pide “pararlle os pés a Audasa” na AP-9

O Bloque Nacionalista Galego levará ao pleno do Parlamento galego de mañá, martes 19, unha moción con medidas que perseguen “pararlle os pés a Audasa” no referido á xestión da autoestrada AP-9. A iniciativa, presentada polo deputado Luís Bará, inclúe a oposición “rotunda” á suba das peaxes prevista para o vindeiro ano, urxe que se […]

Pontón acusa a Feijóo de ser cómplice da suba das peaxes na AP9, “NOVA ESTAFA AOS GALEGOS E GALEGAS”

O BNG considera que non se pode “quedar de brazos cruzados” cruzados mentres as peaxes da AP9 aumentan case un 4%, -un 60% máis ca media estatal-,  cando Galiza xa paga unha das tarifas máis altas do Estado nun país no que os salarios figuran entre os máis baixos. Por contra, a portavoz nacional, Ana […]

O BNG apela a Ana Pastor a desbloquear o vergoñento veto da transferencia da AP-9

O BNG apela a Ana Pastor para desbloquear o segundo intento de veto do Goberno central á transferencia da AP-9 e, a través dunha carta dirixida á presidenta do Congreso, a portavoz nacional, Ana Pontón, salienta a súa dobre condición de máxima autoridade desta cámara e de deputada electa por Galiza. “Diríxome a vostede tanto […]

PP apoia que Xunta, Goberno central e Concello negocien proposta para transformar en vía urbano o treito da AP9 entre Padín e Vigo

O Grupo Popular apoiou esta tarde no Parlamento que a Xunta de Galicia negocie co Goberno do Estado e o Concello de Vigo unha proposta de transformación en vía urbana do treito da autoestrada AP-9 entre as Torres de Padín e a cidade de Vigo. Así mesmo, demandouse ao Goberno central a supresión da peaxe […]

En Marea esixe á Xunta de Galicia unha resposta clara e contundente ao Ministro de Fomento pola súa negativa a traspasar a titularidade da AP9

En Marea esixe á Xunta de Galicia unha resposta clara e contundente ante a postura contraria ao traslado da titularidade da AP9 a Galicia manifestado polo Ministro de Fomento, Iñigo de la Serna. Días despois de que o Parlamento aprobase por unanimidade, unha vez máis, esta petición a petición o Ministro acaba de manifestar a […]

O BNG leva ao Parlamento galego a conversión en vía urbana da AP-9 desde as Torres de Padín

“Recollemos unha demanda veciñal e social unánime que é fundamental para o barrio de Teis”. Desta maneira, presentou esta mañá o deputado nacionalista, Luís Bará, a proposición non de lei que levará ao Parlamento galego a conversión en vía urbana do tramo de AP-9 que atravesa a cidade de Vigo. Bará mantivo un encontro con […]

En Marea propón o rescate da AP-9 para abaratar o custe das peaxes á cidadanía

En Marea propón o rescate para o público da AP-9, un rescate que tería como primeiro obxectivo rebaixar o custe das peaxes que pagan toda a cidadanía. Para En Marea non é aceptable que unha empresa que obtén un 81% de beneficios “manteña as peaxes máis caras de todo o Estado español para unha infraestrutura […]

Comunicado de Anova sobre a AP-9, o espolio sistemático de Audasa e a ausencia do BNG na Comisión.

Desde Anova cren que a transferencia da AP-9 debería ser o primeiro paso co obxectivo de acometer finalmente a súa xestión pública. Actualmente, é un negocio privado redondo, e antisocial. Cómpre rematar co grotesco negocio de Audasa e recuperar a calidade do servizo, cumprir as obrigas de mantemento e revisar tamén as tarifas de peaxe. […]

O Parlamento aproba por unanimidade a reclamación ao Congreso dos Deputados da transferencia da AP9

A Cámara Galega aprobou hoxe de xeito definitivo a proposición de lei para defender no Congreso dos Deputados o traspaso da AP-9 a Galicia, así como a designación dos tres representantes que fixa o regulamento para defender esta reivindicación na Cámara baixa. Dende En Marea será o vicevoceiro, Antón Sánchez, o encargado de defender en […]

O Estado prevé construír a A-57 en paralelo a AP-9, o que provocará a necesidade de rescatar a Autopista do Atlántico

O goberno do Partido Popular ten a intención de construír unha autovía paralela a AP-9, cruzando Galicia de norte a sur, que se iniciará en A Coruña e chegará ata Vigo. A recompilación de ordes de licitación do Boletín Oficial del Estado e anuncios do Ministerio de Fomenta deixan claro que o que se explica […]

Luís Bará pide un “plan integral” para Chapela ante o impacto da ampliación da AP-9

O deputado do BNG, Luís Bará rexistra diversas iniciativas parlamentaria sobre o impacto das obras de ampliación da AP-9 e da Ponte de Rande sobre a parroquia de Chapela, no concello de Redondela. O parlamentario salienta que a proximidade das obras está a afectar gravemente ao desenvolvemento dos centros escolares e a súa normal actividade […]

O BNG levará as demandas de Teis sobre a AP-9 ao Parlamento galego

O deputado do BNG no Parlamento galego, Luís Bará, mantivo esta mañá unha xuntanza coa Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Teis para abordar varias cuestións relativas á autoestrada AP-9. Na xuntanza participaron tamén o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, e mais o responsábel comarca, Manuel Caride. Durante o encontro os representantes do colectivo […]

A.V. de Teis, demanda converter a AP-9 nunha vía urbana, con acesos

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por carta ao Ministro de Fomento e a Conselleira de Infraestruturas, para trasladarlle a demanda de converter en vía urbana a AP-9 no tramo de aceso a cidade de Vigo. No caso da Conselleira de Infraestruturas solicitamos unha xuntanza. A Asociación Veciñal de Teis, sempre defendeu converter en vía […]

Luís Villares: “O PP duplica a AP9 coa A57  para negocio das construtoras dos papeis de Bárcenas”

O voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, trasladouse hoxe a Pontevedra, para dar unha rolda de prensa conxunta co voceiro da Marea Pontevedra Luís Rei para explicar en que iniciativas de interese para a cidade e a súa área están traballando conxuntamente e cales rexistraron no Parlamento no Concello. Os dous voceiros, que visitaron […]

Ana Pontón: “Feijóo ten que facer valer a unidade de Galiza na AP9 para que non se repita o vergoñento veto de Rajoy”

A portavoz nacional, Ana Pontón, espera que o segundo intento do Parlamento para conseguir a transferencia da AP9 non volva ter como resposta “o veto vergoñento e antidemocrático” de Rajoy e da deputada electa por Pontevedra, Ana Pastor, a unha demanda unánime de Galiza. Esta unanimidade, dixo, “supón unha responsabilidade engadida para o Goberno galego […]

En Marea esixe ao PPdeG que aclare se vai impedir que o Goberno do Estado vete unha vez máis a transferencia da AP-9

A sesión plenaria desta mañá aprobou por unanimidade unha nova petición de transferencia da AP9 a Galicia despois de que o PP no Goberno do Estado vetase o anterior acordo tamén aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia e que incluía a mesma solicitude. “Hoxe estamos a debater esta proposición de lei porque o PP […]

O rexedor celebra que Fomento e Xunta apoien converter en vía urbana a AP9 desde Bos Aires ao centro da cidade

Caballero cualificou de “moi boa nova” que tanto a Xunta como o Ministerio de Fomento apoien a proposta do goberno local de converter en vial urbano o tramo da AP9 que transcorre entre o enlace de Bos Aires e o centro da cidade. Trátase de 2,5 km de autoestrada que xa está libre de peaxe […]

Caballero propón crear unha mesa de diálogo para abordar o acceso do transporte pesado á cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, propuxo a creación desta mesa de diálogo nunha reunión con representantes do Círculo de Empresarios de Galicia, da Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia (APETAMCOR) e de LOGIDIGAL, que agrupa a empresas de transporte e loxística portuaria. O foro sentaría ao Concello de Vigo, Xunta […]

Concello e veciños de Teis coinciden na necesidade de construír un acceso desde a AP9 á Avenida de Bos Aires

O alcalde de Vigo mantivo esta mañá un encontro cun nutrido número de colectivos de Teis cos que “intercambiamos opinións de xeito moi fluído e con gran ton de cooperación”. Unha das cuestións que se abordaron foi a proposta municipal de construír un acceso desde a Avenida de Bos Aires á parte da autoestrada que […]

Fomento indica a En Marea que as actuación de mellora do ruido do tramo de AP-9 de entrada a Vigo correspóndelle a Audasa

O Ministerio de Fomento ven de respostar á deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, que as actuacións de mellor da calidade acústica no tramo de entrada da AP-9 a Vigo correspóndelle á AUDASA. Fomento afirma na súa resposta a En Marea que o tramo entre o Pk 1+000 e o Pk 4+800 da […]

En Marea respalda a petición de transferencia da AP-9 e reclama a Xunta que non a convirta nun novo trámite

Os catro grupos do Parlamento Galego rexistraron unha nova proposición de Lei para solicitar a transferencia a Galicia da titularidade da AP-9. Esta petición está respaldada polo grupo parlamentario de En Marea e ten como finalidade evitar o informe xurídico negativo emitido na anterior proposición pola Administración central. En Marea asume esta nova proposta ao […]

O Parlamento Galego solicita a Fomento e Audasa a instalación de pantallas antirruído nas obras de ampliación da AP-9

O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Ministerio de Fomento e a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) para que, no marco das obras de ampliación da capacidade da AP-9 que se están a realizar na entrada de Vigo, se proceda […]