O candidato do Bloque á alcaldía de Vigo, Xabier P.Igrexas, acompañou ao candidato número 2 ao Congreso, o vigués Xésus López Carreira, nun encontro co Colectivo de Pensionistas e Xubilados/as da CIG, onde avogaron polo “voto útil” o vindeiro 28 de abril para defender as pensións en Madrid. “A xente ten que saber que o […]
“Recollemos unha demanda veciñal e social unánime que é fundamental para o barrio de Teis”. Desta maneira, presentou esta mañá o deputado nacionalista, Luís Bará, a proposición non de lei que levará ao Parlamento galego a conversión en vía urbana do tramo de AP-9 que atravesa a cidade de Vigo. Bará mantivo un encontro con […]
A asemblea local do BNG de Vigo elixiu na tarde de onte, martes 9 de maio, o novo Consello Local da organización, que estará encabezado por Serafín Otero quen resultou reelixido como responsábel e portavoz local. A candidatura unitaria, elaborada polo Consello Local saínte, integra a pluralidade da fronte nacionalista. O novo organismo de dirección […]
O BNG da comarca de Vigo ven de renovar o seu Consello Comarcal nunha asemblea que tivo lugar na tarde do martes. Na asemblea celebrada onte resultou reelixido como responsábel comarcal Manuel Caride, cabeza de lista da única candidatura presentada que foi aprobada por unanimidade. Xunto a Manuel Caride, pasarán a formar parte do Consello […]
O BNG de Vigo chama a toda a veciñanza da cidade a participar na concentración convocada para este sábado 21 de xaneiro, ás 12h no MARCO baixo o lema “Nin CETA, nin TTIP, nin TISA”, en oposición aos tratados de libre comercio. A convocatoria está promovida pola campaña “Non ao TTIP – Galiza”, integrada por […]
Diante do conflito aberto ao fío da constitución formal da Área Metropolitana do Vigo, o BNG reclama que se recupere o consenso atinxido polos concellos e a Xunta que permitiu a reforma da Lei da área e superar o impasse que impedira a súa posta en marcha. “O único camiño para que a Área Metropolitana […]
O Bloque presentou esta mañá en rolda de prensa as 17 alegacións presentadas ás ordenanzas fiscais aprobadas en solitario polo PSOE, por ser “socialmente inxustas”. “As ordenanzas fiscais aprobadas o pasado mes de outubro e a proposta de orzamentos municipais para o ano 2017, son a clara demostración de que o Goberno local non ten […]
O Bloque manterá esta tarde un encontro aberto con asociacións veciñais e a FAVEC para recoller as súas achegas. A pésima conexión co novo hospital, máis dun ano despois da súa posta en marcha, levou ao BNG a demandar a creación de dúas liñas de bus directas que conecten os barrios de Teis e Navia-Coia […]
A fronte nacionalista impulsará iniciativas no Parlamento Galego para apostar na reindustrialización da comarca, apoiando o sector naval e automoción, e combater a precariedade laboral. O deputado Luís Bará e a deputada Montse Prado, mantiveron esta mañá un encontro coa Executiva Comarcal da CIG de Vigo. Na xuntanza participaron tamén o responsábel local do BNG, […]
“Somos un pobo que temos todo por ganar se creemos en nós”, proclama A candidata á Presidencia, Ana Pontón, pediu o apoio ao BNG o 25S a todas as persoas que queiran deixar atrás a “Galiza triste e gris” de Feijóo e construír unha “Galiza viva e de oportunidades” na que vivir e traballar con dignidade. “Somos […]
Esta mañá o responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, presentou no rexistro municipal un escrito dirixido ao alcalde no que lle demanda que o Concello poña a disposición da Xunta Electoral espazos públicos abertos, como rúas e prazas. Diante de cada campaña electoral todos os concellos comunican á Xunta Electoral unha relación de […]
O BNG de Vigo fixo balanzo da situación política da cidade e da acción de goberno, cando se vén de cumprir un ano das últimas eleccións municipais. En rolda de prensa, na que compareceron o responsábel local, Serafín Otero, e máis o responsábel de Iniciativas políticas, Xabier P. Igrexas, a formación nacionalista valorizou que “este […]
A fronte nacionalista critica o cinismo do Partido Popular a quen acusan de ser co-responsábel da situación. Diante da obriga legal para que o Concello de Vigo delimite unha zona de grande afluencia turística (ZGAT) na cidade, após superar as 600.000 visitantes o pasado ano, o BNG de Vigo exixe ao Goberno municipal que restrinxa […]
Xabier P. Igrexas: “Vigo non pode continuar indefinidamente cuns andeis encaixonados no subsolo e sen servizos. O peor resultado é que a cidade quede con outra fermosa maqueta inútil en lugar de ter a estación funcional que necesitamos”. Diante do bloqueo do proxecto de nova estación de tren, o Bloque Nacionalista Galego vén de propoñer […]
Serafín Otero: “Non podemos estar de acordo cun regulamento que recorta en democracia, en participación e transparencia”. Tal e como anunciara días atrás, o BNG entregou esta mañá por rexistro as súas alegacións ao Regulamento orgánico do Pleno. O texto foi aprobado inicialmente no pleno do pasado 30 de marzo só cos votos a prol […]
Serafín Otero: “Ten que haber un xiro de 180º nas políticas económicas e laborais ou Vigo e a súa comarca afundirán”. O Bloque Nacionalista Galego de Vigo fai un chamamento a todos os e as traballadoras da cidade a se mobilizar este próximo 1º de maio, Día internacional da clase traballadora, co obxectivo de demandar […]
A deputada Carme Adán presentou unha interpelación no Parlamento Galego para que a Xunte aclare se hai ou non un proxecto concreto e con que prazos. O BNG de Vigo reclamou hoxe que o Goberno galego concretice os seus plans para dotar aos xulgados da cidade dunhas novas dependencias. Nunha rolda de prensa decorrida esta mañá, na que […]
No acto tomou parte a voceira nacional do Bloque, Ana Pontón. O primeiro encontro aberto do Proceso Adiante, co que o BNG aposta no relanzamento do proxecto nacionalista, realizouse na tarde-noite de onte en Vigo. Durante dúas horas as máis de 130 persoas que participaron no acto, realizado nun céntrico hotel da cidade de Vigo, debateron arredor da […]
O primeiro deles terá lugar en Vigo mañá, mércores 20, coa presenza da oceira nacional, Ana Pontón. O Proceso Adiante ponse en marcha na comarca de Vigo. A iniciativa política impulsada polo BNG co obxectivo de actualizar e relanzar o proxecto nacionalista, enceta con sete encontros abertos que se realizarán nas localidades de Vigo, Redondela, Baiona, Fornelos de […]
O BNG de Vigo despregou ás 12h desta mañá na ladeira do monte do Castro unha faixa de grandes dimensións co lema “Galiza [email protected][email protected], non á guerra”. O acto encádrase nunha acción nacional impulsada polo Bloque para rexeitar a política “vergoñenta” da UE en relación á crise das refuxiadas. Ademais de en Vigo o […]
“Este regulamento é a última demostración de que ao Alcalde sóbralle a cidadanía e moléstalle que a xente se exprese” denuncia Serafín Otero. O BNG de Vigo rexeita o regulamento orgánico do pleno, aprobado inicialmente o pasado 30 de marzo e que no día de onte foi publicado no Boletín Oficial da Provincia, abríndose o […]
O acto terá lugar o mércores 23 de marzo ás 20h na Libraría Cartabón. Falarán Serafín Otero, Responsábel local, e Ana Miranda, portavoz do BNG O BNG de Vigo realizará o próximo mércores 23 de marzo ás 20h na Libraría Cartabón (Urzaiz 125) unha charla-coloquio titulada “Galiza solidaria coas persoas refuxiadas”, na que se denunciará a grave […]
A fronte nacionalista oponse ao nomeamento da antiabortista Red Madre. Demandan que o Pleno rexeite a proposta formulada polo Partido Popular. O Bloque Nacionalista Galego rexeita o nomeamento da organización antiabortista Red Madre como entidade viguesa distinguida. O Responsábel local do BNG, Serafín Otero, xulga que de se consumar a designación será a primeira vez desde 1985 que […]
O novo Consello Local reduce a súa composición de 36 a 27 integrantes. As novas incorporacións representan un terzo do total. Serafín Otero foi elixido novo Responsábel Local. “Non queremos ser unha oposición de rúa, queremos ser un goberno en construción desde a rúa, desde os barrios, coa xente” proclamou Otero, apostando nunha intensa acción […]
A fronte nacionalista presentará unha batería de iniciativas no Parlamento Galego, con medidas concretas para a automoción, o naval e o desemprego xuvenil. O Bloque Nacionalista Galego volveu denunciar esta mañá en rolda de prensa a inacción da Xunta de Galiza en relación á grave situación social e laboral da cidade. Na comparecencia, na que tomaron parte o Responsábel […]
Critican a falta de resposta por parte do Goberno Municipal e sinalan que este novo conflito pon en cuestión a xestión privada de servizos públicos. Diante dun novo conflito laboral na empresa de limpeza Linorsa, que é concesionaria do Concello de Vigo, o BNG reitera o seu completo apoio ao persoal nas súas reivindicacións. En opinión da fronte nacionalista […]
Após a anulación do PXOM reclama a Xunta e Concello que procuren unha solución áxil para que Vigo poida contar cun planeamento urbanístico legal “canto antes”. – Esta mañá o Responsábel de Política Institucional do BNG de Vigo, Serafín Otero, presentou en rolda de prensa as emendas que a fronte nacionalista presentou dentro do período de alegacións aos […]
Denuncian a incapacidade na xestión do Goberno municipal e apostan pola remunicipalización do servizo. O BNG de Vigo reclámalle ao Goberno municipal que aplique o acordo plenario, vixente desde 1996, e garanta a subrogación de todo o persoal dos aparcamentos soterrados de Porta do Sol e Praza de Portugal, fechados desde o pasado 1 de outubro. “O persoal dos […]
Solicitan a inmediata intervención do Goberno municipal para resolver a falla de vivendas alternativas e o risco de exclusión. Demandan que se amplíe o prazo para abandonar as casas afectadas entrementres non avanza a execución do proxecto. O Bloque Nacionalista Galego reclama a intervención urxente dos servizos de urbanismo e servizos sociais do Concello, para […]
Cualifican de “previsíbel” a anulación da adxudicación do servizo de mantemento de zonas verdes, por se realizar un procedemento “baixo sospeita desde o primeiro minuto”. A fronte nacionalista reitera a necesaria saída de Ángel Rivas do Goberno municipal. Para o BNG de Vigo a anulación do proceso de adxudicación do servizo de mantemento de zonas verdes do Concello de […]
Terá lugar ás 20:30h no bar O Batallón e correrá a cargo da psicóloga e terapeuta sexual, Mai Insua. Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, organiza para este venres un obradoiro de sexualidade. O acto, que terá lugar esta sexta feira 16 de outubro a partir das 20:30h no bar “O Batallón” (rúa Martín Códax 17, Vigo) […]
A manifestación realizarase este sábado, día 10, e partirá ás 20h desde a Praza de Independencia. O Bloque fai parte da plataforma que convoca a protesta. Este sábado, día 10, a cidade de Vigo acollerá unha manifestación contra os tratados de libre comercio. A marcha, que partirá ás 20h desde a Praza da Independencia, ten por lema “Comercio […]
– Presentarán iniciativas no Parlamento galego e Congreso para demandar un plan de usos para o “Pirulí” e a revitalización socioeconómica da contorna. O BNG de Vigo expresou hoxe a súa enorme preocupación a respecto de que uso se lle vai dar ás instalacións da torre do recentemente fechado Hospital Xeral, e pola situación da súa contorna. Nunha rolda […]
– Levarán as queixas da veciñanza ao Parlamento de Galiza,. Poderán remitirse a través de whatsapp, correo electrónico e redes sociais. O Bloque Nacionalista Galego vén de poñer en marcha un espazo de denuncia cidadá para recoller todas as deficiencias que se rexistran no Hospital Álvaro Cunqueiro. O sitio web www.denunciahospitalvigo.com foi presentado esta mañá en rolda de prensa […]
– A fronte nacionalista reitera que é un imperativo de hixiene democrática a asunción de responsabilidades políticas. Após darse a coñecer publicamente a decisión do xulgado de instrucción número 7 de imputar, entre outros encausados, aos concelleiros David Regades, Ángel Rivas, Isaura Abelais así como o alcalde da cidade, Abel Caballero, e a delegada da Xunta, María José Bravo […]
– Presentaron no Concello as súas propostas para as ordenanzas fiscais as rendas máis baixas. – As emendas nacionalistas inclúen novas bonificacións e exencións para do vindeiro ano co obxectivo de avanzar cara a unha fiscalidade municipal socialmente xusta. Esta mañá o Bloque Nacionalista Galego presentou, a través do rexistro municipal, as súas propostas de cara á confección das […]
– O BNG fai unha valoración moi negativa dos cen primeiros días de goberno que resumen en “máis do mesmo e novas sospeitas de corrupción”. – A fronte nacionalista presentou a renovación dos seus organismos de dirección local para “poñer a punto a organización”. O BNG realizou esta mañá a súa valoración dos cen primeiros días de goberno após […]
As informacións transcendidas da investigación xudicial poñen ao Goberno municipal de Abel Caballero baixo sospeita. Reclámanlle ao Alcalde que asuma a súa responsabilidade política e compareza públicamente para responder sobre feitos de tanta gravidade. Após o levantamento do segredo do sumario da causa xudicial da chamada Operación Patos, fixéronse públicos algúns aspectos da investigación policial que apuntan directamente á […]
– Unha representación da Executiva Local expresou o pleno apoio do Bloque á concentración do persoal ás portas do parlamento. Coincidindo co debate no Pleno do Parlamento de Galiza da solicitude de constituír unha Comisión de Investigación sobre o novo hospital de Vigo, unha representación da Executiva Local do Bloque desprazouse até Compostela para participar na concentración de protesta […]
A organización xuvenil do BNG centrará a súa actividade en achegar a mocidade ao proxecto nacionalista. A organización xuvenil do BNG ten novos referentes na Comarca de Vigo. Unha Asemblea Aberta celebrada este sábado elixiu por unanimidade a Jessica García, militante de Redondela e Brais Ferreiro militante de Chapela como Responsábel Comarcal e Responsábel de Organización, respectivamente. Serán os […]