O Sergas sitúa Galicia como un dos líderes mundiais da medicina materno fetal

O servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) porá en marcha un Centro Avanzado de Medicina Materno Fetal que será referencia para toda Galicia en determinados procesos diagnósticos e terapéuticos. Este proxecto foi presentado hoxe polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, nun acto no que estivo acompañado polo xerente […]