O persoal de Masol Iberia Biofuel, en folga para esixir melloras salariais e laborais

Os traballadores e as traballadoras de Masol Iberia Biofuel están secundando este luns a primeira das catro xornadas de folga convocadas nas instalacións de Ferrol para esixir a equiparación das súas condicións laborais, salariais e sociais coas que xa ten o persoal doutras plantas da empresa no Estado español. A folga, cun seguimento de practicamente […]

O persoal de Ferroatlántica amosa o seu rexeitamento ao acordo marco que a empresa pretende impor

Os traballadores e as traballadoras de Ferroatlántica nas fábricas de Cee e Dumbría e as Centrais Hidroeléctricas continuaron este mércores coas mobilizacións para amosar o total rexeitamento ao acordo marco que a empresa pretende levar adiante, coa complicidade das centrais sindicais estatais, e que suporía vincular os convenios colectivos vixentes nos diferentes centros de traballo. […]

A CIG en Navantia Ferrol teme que as inversións para a modernización do estaleiro corran perigo

A Sección Sindical da CIG en Navantia Ferrol amosa a súa profunda preocupación pola posibilidade de que periguen as inversións comprometidas para a modernización dos estaleiros da ría e que o proxecto Estaleiro 4.0 acabe reducido a “outro parche máis”. Así se desprende da xuntanza na que a dirección da empresa informou de que, en […]

O persoal de Ferroatlántica continúa as concentracións en Cee contra a negociación do acordo marco

Os traballadores e as traballadoras das fábricas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría e das Centrais Hidroeléctricas continuaron este mércores coas mobilizacións en rexeitamento ao acordo marco que a empresa pretende sacar adiante, coa complicidade das organizacións sindicais españolas, e que suporá vincular os diferentes convenios de empresa en vigor na actualidade. Como vén sendo […]

A CIG defende a necesidade dun novo marco regulador da enerxía para a industria galega que sexa xusto, equitativo e estábel

Delegados e delegadas da CIG-Industria concentráronse este luns diante da Delegación do Goberno na Coruña para rexeitar o sistema de poxa de interropibilidade, reclamar a aprobación dunha nova regulación máis xusta e equitativa e a creación dunha tarifa industrial estábel que favoreza o normal desenvolvemento e a planificación das industrias con grandes consumos de enerxía […]

Traballadores/as de Alcoa marchan a pé dende San Cibrao até Viveiro en solidariedade co compañeiro despedido tras un accidente laboral

Arredor de cen traballadores e traballadoras de Alcoa realizaron este venres unha marcha a pé dende San Cibrao até os xulgados de Viveiro, en solidariedade co compañeiro despedido tras do accidente laboral ocorrido en xuño e a quen “a dirección pretende cargar en exclusiva a responsabilidade do sinistro e facer así un lavado de cara”. […]

O persoal de Alcoa irá a folga polo despedimento dun traballador e para demandar máis seguridade

Os traballadores e as traballadoras de Alcoa irán á folga os días 1 e 2 de outubro para amosar o seu rotundo rexeitamento ao despedimento disciplinario dun compañeiro tras o grave accidente ocorrido na fábrica de San Cibrao o pasado 20 de xuño e demandar melloras reais nas medidas de prevención e seguridade. Así o […]

Pulso do Metal da Coruña contra a patronal na quinta xornada de folga

Cunha nova xornada de folga, e xa van cinco, os traballadores/as do sector do siderometalurxia da provincia da Coruña seguen loitando por un convenio digno que permita rematar coa precariedade e garantir melloras substanciais nas condicións de traballo. Como nas xornadas anteriores, os paros foron xeneralizados e se repetiron as manifestacións na Coruña, Ferrol e […]

As centrais sindicais chaman os traballadores/as do sector do metal coruñés a seguir na loita por un convenio provincial digno

Os tres sindicatos con representación na mesa de negociación do convenio do metal da provincia da Coruña, CIG, CCOO e UGT veñen de emitir un manifesto no que avalían o estado actual das negociacións, detallan as súas reivindicacións e chaman a todas as traballadoras e traballadores a loitar por conseguilo. MANIFESTO A plataforma reivindicativa que […]

O Metal da Coruña acorda estender a folga por un convenio digno aos días 13, 20 e 27 de xullo

Os traballadores e traballadoras do sector de siderometalurxia da provincia da Coruña secundaron masivamente unha nova xornada de folga que volveu pechar a grande empresa de maquinaria pesada, taller e reparación. Ademais nas distintas comarcas celebráronse asembleas nas que, de forma unánime, se acordou a convocatoria de tres novas xornadas de folga, que ademais da […]

O persoal de Ferroatlántica ratifica a convocatoria de folga e a manifestación do 8 de xullo

A asembleas de traballadores e traballadoras celebradas o pasado mércores nos centros de traballo de Ferroatlántica avalaron a convocatoria de mobilizacións acordada polo Comité de empresa; isto é folga nas fábricas e centrais para o sábado 8 de xullo, manifestación ese mesmo día en Santiago de Compostela e marchas a pé dende Cee á capital […]

Éxito total na segunda xornada de paro no metal da Coruña

A segunda xornada de folga no metal da provincia da Coruña está resultando un total éxito ao rexistrar un seguimento aínda maior que o do paro realizado o pasado xoves, e confirma así a vontade dos traballadores e traballadores do sector para pelexar por recuperar os seus dereitos e o poder adquisitivo perdidos nos últimos […]

A folga do metal na provincia da Coruña acada un seguimento masivo

A CIG fai unha valoración moi positiva do seguimento desta primeira xornada de folga convocada nos centros de traballo rexidos polo convenio de siderometal, que regula as condicións laborais duns 18.000 traballadores/as en toda a provincia. Uns paros que se repetirán os días 27 de xuño, 4 e 5 de xullo por mor do fracaso […]

O metal da provincia da Coruña irá á folga o 22 e 27 de xuño e o 4 e 5 de xullo

Representantes de CIG, CCOO e UGT rexistraron este venres no edificio administrativo da Xunta en Monelos, a convocatoria de folga que os días 22 e 27 de xuño e 4 e 5 de xullo se desenvolverá no sector de siderometal da provincia da Coruña. A decisión de ir a paros xerais chegou logo do fracaso […]

O Comité de Ferroatlántica convoca folga e manifestación en Santiago

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas quere informar do novo calendario de mobilizacións, consensuado con todos os alcaldes da comarca, en rexeitamento á segregación das actividades que pretende a empresa e para esixir da Xunta de Galiza a non autorización da mesma. Un calendario reivindicativo que inclúe a convocatoria dunha nova xornada de folga de […]

O metal segue en loita por un convenio digno: o 30 de maio manifestación na Coruña

Os traballadores e traballadoras do metal da provincia da Coruña seguirán coas mobilizacións en demanda dun convenio digno o próximo martes, 30 de maio, data na que está convocada unha manifestación na cidade herculina, con saída ás 20:30 horas da Praza da Palloza, e que dá continuidade ao calendario de protestas que o persoal vén […]

O Comité de Ferroatlántica cualifica a reunión con Industria de “preocupante” e “insatisfactoria”

A postura defendida polo conselleiro de Industria na reunión que hoxe mantivo co Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas foi cualificada como “decepcionante” e “preocupante”. Tras meses agardando a que Francisco Conde respondera ás numerosas solicitudes de xuntanza trasladadas polo Comité, “acudimos esta mañá a Santiago agardando facer fronte única e poñer en común coa Xunta […]

“A Xunta ten que desautorizar de inmediato a segregación que pretende Ferroatlántica”

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas, reunido de urxencia, acordou levar adiante todas as mobilizacións que sexan necesarias “para esixir á Xunta de Galicia que, de xeito inmediato e contundente, desautorice a solicitude de segregación de actividades presentada formalmente no día de onte pola empresa”. A tal fin, a representación do persoal non descarta convocar […]

“En Hércules de Armamento, queremos traballar e queremos cobrar”

Traballadores e traballadoras de Hércules de Armamento desenvolven hoxe unha nova xornada de folga para reclamar á dirección que regularice o pago dos salarios “e demandar que redobre os esforzos para resolver as incertezas sobre o futuro laboral e industrial da empresa”. Ao berro de “queremos traballar, queremos cobrar” ou “non máis endebedamento en Hércules […]

Nova xornada de mobilización polo convenio do metal da Coruña

Delegados e delegadas do sector do metal da provincia da Coruña proseguiron este martes co calendario de mobilizacións en rexeitamento ao bloqueo patronal e para esixir un convenio colectivo que recolla melloras salariais e sociais. Nesta ocasión, a concentración realizouse diante das oficinas de IMASA -unha das patronais con presenza na mesa de negociación- na […]

Non avalaremos coa nosa presenza unha negociación que só busca lexitimar a venda das centrais

A dirección de Ferrotlántica insiste e convoca unha nova xuntanza cos comités e as centrais sindicais para o vindeiro xoves en Madrid. A CIG xa comunicou que non asistirá a este encontro, dado que non se produciu ningunha mudanza na cuestión de fondo: a empresa segue sostendo o seu ilegal plan industrial sobre a base […]

“As ameazas do Presidente de Ferroatlántica a través dos medios demostran a desesperación da empresa”

O Comité de Ferroatlántica considera que a empresa “está demostrando a súa verdadeira faciana”, coas “ameazas e chantaxes” feitas públicas nos medios de comunicación. Unhas manobras, denuncian, a través das que a compañía “pretende facer recaer no conxunto dos traballadores e traballadoras, a responsabilidade da ilegal operación que quere levar adiante”. Porque engaden, “non hai […]

O comité: “Temos total disposición a dialogar con Ferroatlántica, se desiste de vender as centrais”

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas, en reunión plenaria celebrada este venres 24 de marzo, como non podía ser doutro xeito, acordou non acudir á reunión convocada pola empresa para o vindeiro luns en Madrid. O Comité xa lle ten trasladado en infinitas ocasións á dirección “a súa total disposición” ao diálogo e á negociación […]

O metal da Coruña non descarta ir á folga se non se avanza na negociación do convenio provincial

Ao berro de “Convenio xa para o metal”, “Reforma laboral, ditadura patronal” e “Ou hai solución, ou mobilización”, arredor de 400 delegados e delegadas das empresas do metal concentrábanse este xoves diante da Confederación de Empresarios/as da Coruña para rexeitar o bloqueo patronal á negociación do convenio provincial de siderometalurxia e demandar melloras salariais e […]