🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A PGDEP denuncia o desleixo da Consellaría na xestión educativa ordinaria

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) vén de denunciar a pasividade da Consellaría de Educación na súa obriga de xestión ordinaria dos centros educativos, pondo dous exemplos recentes: o envío de ordenadores aos centros sen un sistema que permita cargalos, e o transporte escolar, que está deixando de ser un servizo educativo […]

Piden cumprir o mandato do Parlamento para recuperar Filosofía como troncal en Bacharelato

Con data 24 de xaneiro o sindicato rexistrou un escrito dirixido ao conselleiro de Educación instándoo a negociar a modificación do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, que regula o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato en Galiza para incluír a obrigatoriedade da Historia da Filosofía en 2º de Bacharelato. Após a entrada […]

Reclaman incorporar 256 vacantes de PT e AL no Concurso de Traslados de Mestres

Un estudo da CIG-Ensino revela a existencia de centos de prazas das especialidades Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL) que se veñen dotando desde hai anos con profesorado provisional e que poden ser cubertas por profesorado definitivo. Incorporar estas 256 prazas, a maiores das ofertadas no Concurso Xeral de Traslados, para as especialidades […]

Unha sentenza do TSXG limita a discrecionalidade de Educación na oferta de vacantes do CXT

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de darlle a razón á CIG-Ensino ao limitar a discrecionalidade da Consellaría de Educación  na oferta de vacantes dos concursos de traslados. O alto tribunal falla así a favor dunha docente, defendida pola central sindical, na demanda contra a retirada dunha vacante da adxudicación provisional. Para a […]

Demandan a mellora e ampliación dos permisos de maternidade e paternidade

A CIG-Ensino vén de solicitar ao conselleiro de Educación que se comunique ás persoas beneficiarias a nova data de finalización dos permisos de maternidade e paternidade. Demanda ademais que se negocie unha modificación da normativa para que se amplíe até os 12 meses de duración. O pasado 28 de decembro publicábase no DOG a Lei 9/2017, do […]

Piden flexibilizar o permiso por nacemento da outra persoa proxenitora no caso de hospitalización

A CIG-Ensino vén de presentarlle un escrito á Consellaría de Cultura e Educación para que facilite a interpretación da Orde do 29 de xaneiro que regula os permisos, licenzas e vacacións do persoal docente co fin de resolver unha situación que padecen algúns pais e nais cando as súas crianzas requiren hospitalización tras o nacemento. […]

Empresas privadas certificarán o coñecemento de inglés do profesorado

A Consellaría de Educación continúa coa privatización do ensino galego e nesta ocasión tócalle a un dos seus xoguetes preferidos: a lingua inglesa. Até o de agora o profesorado galego tiña ao seu dispor as Escolas Oficiais de Idiomas (EOIs) para certificar os coñecementos de inglés. Porén, a administración anuncia que este ano serán empresas […]

Educación non se toma en serio a formación do profesorado en igualdade, convivencia e inclusión

CIG-Ensino denuncia a falta de seriedade coa que se toma, a Consellaría de Educación, algo tan importante como a formación do profesorado nas áreas de igualdade, convivencia e inclusión. “Non é máis que un mero trámite legal que intenta cubrir cun curso “autoxestionado”, no que inscribe, sen comunicarllo previamente, a todo o profesorado que está […]

Educación debe dotar os centros para dar resposta á atención á diversidade e ás necesidades de orientación

O martes 24 de outubro está convocada unha Mesa Sectorial docente na que, entre os documentos a debate, está o concurso específico de Orientación. A CIG-Ensino demandará que se cubran todas as vacantes existentes, mais tamén exixirá, novamente, que se creen todas as prazas necesarias para garantir a calidade no ensino para todo o alumnado. […]

CIG-Ensino demanda maior apoio de Educación ás Escolas de Artes de Galiza

As Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galiza carecen, a día de hoxe, dunha auténtica política de promoción por parte da Consellaría de Educación. Segundo denuncia a CIG-Ensino, os estudos destes centros educativos, nos que se imparten titulacións equivalente a graos universitarios, ao tempo que ciclos formativos de FP, “non teñen a mesma […]

A Consellaría de Educación mantén os concertos aos centros que segregan por sexo mentres recorta no ensino público

A Consellaría de Educación manterá os concertos aos centros que segregan por sexo, fixando a duración dos concertos en seis anos, cando isto só é preceptivo para a o ensino primario, “é dicir, o goberno do Partido Popular na Xunta de Galiza, vai máis alá da LOMCE na defensa do ensino concertado”. Como en anos […]

A Consellaría de Educación aproveita o mes de agosto para seguir afondando na implantación da LOMCE

A Consellaría de Educación vén de publicar, en pleno período vacacional do profesorado, as instrucións para o curso académico 2017/18, que afondan na aplicación da LOMCE. Dende a CIG-Ensino sinalan que as instrucións chegan cando a matrícula ordinaria dos centros de secundaria, e polo tanto a elección de materias por parte do alumnado, xa está […]

Aumenta a provisionalidade no ensino público e empeoran as condicións de traballo do profesorado

Un curso máis, a Consellaría de Educación vén de dar novas mostras da precarización do traballo do profesorado con destino provisional dos corpos docentes de secundaria. No estudo realizado pola CIG-Ensino da adxudicación de destinos provisionais poden observarse claros indicios do que vai ser un novo curso “con peores condicións de traballo para aquel profesorado […]

A proposta da Consellaría de Educación de reducir o recorte de persoal na ESAD de Galiza “é insuficiente”

O pasado 24 de xullo notificóuselle oficialmente á dirección da ESAD de Vigo a redución de 6 profesores no “cupo” do centro; esta redución implica a destrución do modelo de ensino dun centro exemplar a nivel estatal. Finalmente na adxudicación de destinos provisionais do 31 de xullo esa redución quedou en 5. Agora a Consellaría […]

O profesorado afectado polo peche de centros descoñece en que situación quedará para o curso seguinte

Logo dun final de curso protagonizado pola arremetida da Consellaría contra o ensino público galego, co peche de centros educativos e o traslado de ensinanzas da ESO e co importante recorte de aulas e postos de traballo do corpo de mestres publicado no DOG a finais de mes de xullo, o profesorado afectado polo peche […]

A Unidade de Atención a Centros de Educación non atende as chamadas telefónicas

A Unidade de Atención a Centros (UAC) da consellaría de Educación non atendeu, durante os últimos días de xuño, as chamadas que se realizaban desde as direccións dos centros. Segundo indicaron de diversos centros, pasados estes días e unha vez establecida comunicación co persoal da UAC, comentaron que tiñan orde de non atender as chamadas […]

Educación consuma o peche e traslado de ensinanzas de varios centros docentes

A CIG-Ensino denuncia que, desoíndo o clamor contra os recortes e sen atender as demandas de familias, profesorado e concellos, a consellaría de Educación publicou o Decreto que impón o peche do CEIP Emilio NavasQüés e o traslado de varios CPI. A Consellaría de Educación tiña a decisión tomada desde o primeiro momento e, de […]

Os equipos de normalización lingüística coñecen a contía das axudas a dez días de rematar o curso escolar

A CIG-Ensino vén de denunciar que, cando quedan só 10 días para rematar o curso escolar, Educación acaba de comunicar aos equipos de normalización de 867 centros, a contía da axuda solicitada para a realización de actividades de normalización lingüística durante o curso que xa remata. Entende que a consellaría amosa así o seu “desprezo” […]

CIG-Ensino denuncia a “improvisación” de Educación ante a previsión de nevaradas

A CIG-Ensino considera que a consellaría de Educación actuou “de maneira irresponsábel e non comunicou a súa decisión aos centros escolares con tempo suficiente” diante da alerta de nevaradas dos días 22 e 23 de marzo. Denuncia que algúns centros non tiveron coñecemento de que o alumnado non ía ter transporte escolar a partir das […]

CIG-Ensino exixe diante de Educación a inmediata convocatoria de oposicións

A CIG-Ensino demandou esta mañá, cunha concentración diante da consellaría de Educación, a inmediata convocatoria de oposicións para rematar coa “inseguridade” e “incertidume” na que se atopan as e os opositores. Denunciou que, en todo caso, a oferta de emprego públigo proposta por Educación é insuficiente para satisfacer ás necesidades do sistema educativo galego e […]

Educación presenta unha OPE “totalmente insuficiente” para o ensino público galego

A CIG-Ensino cualificou, na mesa sectorial celebrada este xoves, de insuficiente a OPE presentada pola Consellaría de Educación e denunciou que se fixera pública a oferta sen realizar unha negociación real, tal e como é preceptivo. Ademais exixiu á consellaría que siga adiante coa convocatoria, como tamén o exixiu onte na Mesa do Estado onde […]

Educación non cobre vacantes do profesorado desde o día 20 de febreiro

A CIG-Ensino asegura que a data de 21 de febreiro, hai 35 prazas de profesorado sen cubrir e alerta de que seguirán aumentando “coa complicidade de Educación”, que xa anunciou que “non chamará para ningunha substitución até despois do Entroido guiada polo falso motivo do aforro económico”. Denuncia o “abandono da consellaría con respecto ao […]

Educación vulnera a Lei de Normalización Lingüística usando topónimos deturpados e ilegais nos mapas de localización de centros

A Consellaría de Educación vulnera a Lei de normalización lingüística no seu portal web, ao utilizar para a localización dos centros de ensino mapas que deturpan topónimos e que son utilizados na súa forma ilegal, barbaramente españolizados. A CIG-Ensino exixe a súa corrección inmediata en cumprimento da lexislación vixente. Quen acceda a este recurso comprobará […]