🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Sanidade fai un chamamento aos grupos de risco para vacinarse da gripe a unha semana do remate da campaña

A campaña de vacinación antigripal e antipneumocócica en Galicia remata o vindeiro 29 de xaneiro, motivo polo cal a Consellería de Sanidade lembra a todas aquelas persoas, especialmente ós grupos de risco, que aínda non se teñan vacinado, que están a tempo de facelo. Ao contrario que no resto de España, en Galicia a onda […]

Novas análisis do laboratorio de saúde pública confirman a redución dos parámetros na área de Vigo, aínda que a auga segue a ser de mala calidade

As últimas analíticas realizadas polos técnicos do Servizo de Control de Riscos Ambientais da Consellería de Sanidade confirmou no día de onte a redución dos valores de ferro e aluminio nos concellos da área metropolitana de Vigo, aínda que os parámetros seguen a ser altos nalgúns puntos da rede de abastecemento dos devanditos municipios. É […]

Eva Solla denuncia a falta de previsión da Xunta de Galicia ante os colapsos nas urxencias

A coordinadora nacional de Esquerda Unida vén de denunciar que “a planificación da Consellería de Sanidade brilla pola súa ausencia ante a vaga de gripe, previsible nesta época do ano e que está a colapsar as urxencias do noso país”. Segundo explica Eva Solla, “se ben a Xunta traslada cada ano que é normal que […]

Os valores estabilízanse nos concellos da Área Metropolitana de Vigo aínda que a auga segue a ser de baixa calidade

O Servizo de Control de Riscos Ambientais da Consellería de Sanidade informou hoxe do resultado das mostras conxuntas realizadas co obxectivo de corroborar as análises realizadas o pasado sábado, dados os elevados indicadores obtidos nalgúns barrios dos concellos da área metropolitana de Vigo. Segundo indicou a responsable deste departamento, “as mostraxes dan moi próximas e […]

A aprobación da reforma da Lei de saúde blinda a existencia dos hospitais comarcais coa creación de 14 distritos sanitarios

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación da reforma da Lei de saúde que blinda a existencia dos hospitais comarcais coa creación de 14 distritos sanitarios, de tal xeito que “ningún goberno poderá diminuír ou eliminar un hospital comarcal en Galicia se non é por […]

CCOO rexeita o nomeamento da ex-conselleira Rocío Mosquera como nova responsable da empresa pública Galaria

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia rexeita o nomeamento de Rocío Mosquera como nova responsable da empresa pública Galaria. O sindicato lembra que Mosquera fora destituída como conselleira de Sanidade pola súa «nefasta xestión». Critica, así mesmo, que sexa nomeada para ocupar a xerencia de Galaria malia que durante o seu mandato se […]

O seguimento da folga nos centros sanitarios é do 2,68% e estanse a cumprir ao 100% os servizos mínimos

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde destacan que a folga convocada pola organización sindical CIG para o día de hoxe foi secundada nos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde na quenda de maña por un 2,68% do total dos convocados. Na quenda de noite a convocatoria non tivo ningún seguimento. […]

Medicina Interna do HULA liderou o grupo de traballo para a aplicación do Telea na Comunidade autónoma a pacientes con insuficiencia cardíaca crónica

O Hospital Universitario Lucus Augusti ten implantado o TELEA para o seguimento domiciliario de pacientes crónicos con insuficiencia cardíaca, que son monitorizados no seu domicilio e seguidos de xeito pormenorizado polo Servizo de Medicina Interna do Hospital Universitario Lucus Augusti. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, desprazouse hoxe a Lugo, onde coñeceu os primeiros […]

Concentracións o xoves 19 para apoiar a folga na sanidade pública

CCOO, CIG, CSI-F, SAE, SATSE e UGT convocan folga os días 2 e 3 de novembro pola recuperación dos dereitos do persoal do ámbito. Debido a esta convocatoria, a Dirección de Recursos Humanos do SERGAS solicitou unha xuntanza co comité de folga para mañá xoves, malia ter rexeitado negociar. Por tal motivo, os sindicatos convocan […]

Sanidade reforma o Decreto de farmacias para garantir un proceso máis transparente e axilizar os trámites de adxudicación

A Consellería de Sanidade impulsa a reforma do Decreto 146/2011, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia co obxectivo de axilizar o acceso á titularidade das novas oficinas de farmacia, cun procedemento máis obxectivo e transparente; así como garantir os criterios obxectivos de selección que garantan a […]

Sanidade amplía ata o 1 de setembro o período de suxestións ao anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia

Coa fin de garantir a maior transparencia posible, a Consellería de Sanidade vai ampliar, ata o 1 de setembro, o período de suxestións ao anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia. O texto está, actualmente, publicado no portal de Transparencia da Xunta de Galicia para que toda a […]

O Sergas dará cobertura sanitaria aos 66 menores rusos que pasarán o período vacacional de verán en Galicia no marco do programa de acollida que organiza a asociación Ledicia Cativa

 O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña entregoulle esta mañá ao vicepresidente de Ledicia Cativa, José Manuel Borrajo González, os documentos acreditativos que garanten a cobertura asistencial durante o período vacacional dun total de 66 menores rusos que se desprazan a Galicia dentro do programa de acollida organizado pola Asociación Ledicia Cativa. Dende hai anos, […]

CCOO tilda a Consellaría de Sanidade de «incapaz» de solucionar os problemas e propón alternativas

A Federación de Sanidade de CCOO tilda a Consellaría do ramo de «incapaz» de solucionar os problemas, especialmente no caso das listaxes de espera tanto para cirurxías como en atención primaria. O sindicato defende que cómpren solucións e «se a Xunta non sabe o que facer, nós si tempos propostas», explica Ángel Cameselle, secretario xeral […]

O conselleiro de Sanidade aposta por unha atención primaria máis cercana á cidadanía e máis proactiva

“Cremos que é necesario ter unha atención primaria máis cercana á cidadanía, máis proactiva, capaz de resolver, como ten demostrado ata a data, unha gran porcentaxe da patoloxía máis frecuente que recibe, pero tamén que realice un seguimento activo dos pacientes, que consiga adiantarse, evitar as reagudizacións ou agravamentos que se producen nos pacientes crónicos […]

Esténdese o Programa de detección precoz do cancro colorrectal a máis centros de saúde da EOXI de Santiago

​A xerencia de Xestión Integrada de Santiago estende a implantación do Programa Galego de Detección Precoz de cancro colorrectal da Consellería de Sanidade a novos centros de saúde, completando así toda a poboación da cidade de Santiago, A Estrada e chegando a Milladoiro. O pasado mes de setembro comezou a funcionar nos centros de saúde  […]

Sanidade comparte con representantes do Servizo de Saúde de Croacia información sobre IANUS e proxectos do Sergas de innovación

​O secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, e representantes da Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade están a realizar estes días varias sesións de traballo coordinadas con representantes do servizo de saúde de Zagreb (Health Center Zagreb) e do Instituto da Seguridade Social de Croacia. Esta […]

Sanidade reforzará as inspeccións aos establecementos de restauración colectiva cunha campaña específica

​A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, reforzará as actividades ordinarias de control oficial nos establecementos de restauración colectiva. Trátase da primeira vez que se realiza unha campaña especial deste tipo, aínda que a posibilidade de facer este reforzo está recollido nos obxectivos específicos da inspección coa finalidade de mellorar […]

A actividade asistencial do centro de saúde de Abegondo no pasado ano foi de preto de 40.000 citas cos médicos de familia, pediatras e persoal de enfermería

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou hoxe o centro de saúde de Abegondo, instalación que atende a preto de 5.000 veciños e veciñas con tarxeta sanitaria residentes neste concello. Na súa visita, o titular da carteira sanitaria do Goberno galego estivo acompañado polo alcalde, José Antonio Santiso Miramontes; polo delegado territorial da Xunta, […]

A Xunta de Galicia actualiza o seu Programa de Prevención e Control da Tuberculose de cara ao período 2017-2020

A Consellería de Sanidade vén de actualizar o seu Programa de Prevención e Control da Tuberculose, que abarcará o período 2017-2020, co que se pretende conseguir unha diminución da incidencia desta enfermidade do 25% respecto á do ano 2015 para acadar unhas cifras por baixo dos 20 casos por 100.000 habitantes, que se consideran xa […]

Sanidade sinala a súa preocupación pola adicción que xera o cannabis e o seu consumo, especialmente a idades tempranas

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou onte que a evidencia científica demostra que o cannabis, a droga ilegal de maior consumo no país, é unha sustancia psicoactiva que pode provocar adicción e que xera problemas de saúde entre os seus consumidores, especialmente se se inician en idades temperás. O conselleiro presidiu onte a […]

O Sergas asume os gastos de mantemento dos centros de saúde de Boiro, Brión, Silleda e Touro

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asinou onte os convenios para a asunción dos custos de mantemento dos centros de saúde de Boiro, Brión, Silleda e Touro. Así quedou ratificado no documento que tamén asinaron os alcaldes dos respectivos concellos. Segundo os acordos, os concellos comprométense a realizar todos os trámites patrimoniais e urbanísticos […]

O Hospital Meixoeiro pasará por quirófano

O Sergas e a empresa adxudicataria do cambio das cubertas no Hospital do Meixoeiro chegaron a un acordo para que a obra se realice durante os meses de verán, en lugar iniciarse o vindeiro luns, data inicialmente prevista cando se produciu a adxudicación do contrato. O motivo non é outro que realizar os traballos nunhas […]

Vázquez Almuiña destaca o posicionamento de Galicia como referente en innovación no eido sanitario

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, salientou hoxe que a estratexia e os investimentos no ámbito das TICs supoñen unha vantaxe competitiva de Galicia con respecto a outros sistemas de saúde, non só a nivel nacional senón incluso internacional, polo que nos últimos anos Galicia se posicionou como un referente en innovación no ámbito […]

O SERGAS remite ao Concello de Ames a petición da licenza de obra de construción do novo centro de saúde

O Servizo Galego de Saúde vén de remitir ao Concello de Ames a petición de licenza de obra de construción do novo centro de saúde en Milladoiro, unha vez que xa ten supervisado o  proxecto técnico e de execución. Igualmente solicitou unha encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para a xestión da execución […]