🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Ana Miranda denuncia na Eurocámara que Noruega segue sen recoñecer as prestacións dos mariñeiros  galegos

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, expresou na sesión plenaria do Parlamento Europeo, no debate celebrado hoxe sobre coordinación europea dos sistemas de Seguridade Social, a preocupación do Bloque polos dereitos laborais das traballadoras e traballadores emigrados e reclamou que sexan recoñecidas as súas prestacións sociais. Ao respecto puxo como exemplo os mariñeiros que desenvolveron […]

Ampla representación de Galicia na manifestación estatal pola recuperación dos dereitos no sector público

Unha ampla representación de Galicia participou este xoves en Madrid na manifestación convocada por CCOO e UGT para esixir a recuperación dos dereitos económicos e laborais das empregadas e empregados públicos. Este foi o punto culminante dunha campaña reivindicativa que comezou hai un mes, impulsada polas federacións da área pública das dúas organizacións. CCOO e […]

A ver se entendo o que esta pasando en Catalunya cos controladores

1º O goberno privatiza os controis aéreos de España o 15 decembro 2010 por aquel entón José Luis Rodríguez Zapatero era o presidente. 2º Sacan a concurso para facerse cos servizos dos controis que por aquel entón facia á GARDA CIVIL. 3º O concurso gáñao a empresa EULEN, empresa que por aquel entón era un […]

‘Desperegrinación’ do persoal da sanidade pública en defensa dos dereitos laborais e económicos

A Federación de Sanidade de CCOO e outras organizacións convocan para o luns 19, ás 11 h, unha ‘desperegrinación’ en defensa dos dereitos laborais no ámbito e pola recuperación dos «dereitos roubados». Para este efecto, ducias de traballadoras e traballadores percorrerán en sentido inverso un treito do Camiño de Santiago, concretamente desde a sede da […]

Lídia Senra pide que o Estado derogue o Decreto 8/2017 da estiba por vulnerar os intereses xerais e o mandato da OIT

Reclamou este venres que o Estado español derrogue o Real Decreto 8/2017 aprobado este mes e polo que se modifica o réxime dos traballadores/as para a prestación do servizo portuario de manipulación de mercadorías. Senra considera que esta lei debe ser derrogada “posto que o Estado español, neste caso, non defende os intereses xerais forzado […]

O PP nega ao persoal docente a posibilidade de recuperar o salario e os seus dereitos laborais perdidos

O grupo parlamentario de En Marea presentou na sesión plenaria de hoxe unha proposición non de Lei na que se propuñan unha serie de actuacións para recuperar os dereitos laborais do persoal docente. A deputada parlamentaria de En Marea, Luca Chao, denunciou os continuos recortes e ataques por parte do Goberno galego ao sistema educativo […]

O BNG insta á Xunta a que deixe de actuar “polas bravas” e negocie c@s traballador@s do 112

O BNG traslada o seu apoio aos traballadores e traballadoras do 112 que, salienta a portavoz nacional, Ana Pontón,  “prestan un servizo social fundamental pois velan pola seguridade do conxunto da cidadanía pero están sendo maltratados pola Xunta cun traslado forzoso e precipitado, sen garantías de que o servizo vai funcionar na súa totalidade”. Tras […]

Rolda de asembleas nos centros sanitarios de Galicia

Os sindicatos, como anunciaron o pasado día 1 en Santiago, inician unha rolda de asembleas nos centros sanitarios de Galicia. En Vigo, a primeira será o martes día 7 ás 11 horas no Hospital do Meixoeiro. O venres celebran a do Hospital Álvaro Cunqueiro e o Luns 13 será no Nicolás Peña. Nas asembleas INFORMARAN […]

Centos de persoas mobilizáronse en toda Galicia para esixir salarios e emprego dignos e se poña o freo ao encarecemento da vida

Denunciaron que os prezos continúan subindo, mentres os salarios están perden poder de compra, o que fai que a desigualdade aumente progresivamente e tamén o número de familias en situación de exclusión ou próximas á pobreza. De feito, España é o país da OCDE no que máis medrou a desigualdade desde o inicio da crise, […]