A práctica totalidade do cadro de persoal de GKN en Vigo secunda os paros para reclamar un convenio xusto

A folga convocada na empresa GKN Driveline de Vigo para reclamar un convenio colectivo xusto está a ter un seguimento prácticamente total por parte dos traballadores/as, xa que ao inicio das tres primeiras quendas unicamente entraron a traballar tres técnicos/as. Os paros na compañía da automoción, que emprega a 980 persoas no polígono de Balaídos, […]

Persoal de GKN en Vigo mobilízase na empresa para reclamar medidas contra as altas temperaturas e o ruído

Traballadores/as e delegados/as da CIG e UGT no comité de GKN Driveline de Vigo desenvolveron este pasado venres unha concentración diante da empresa para reclamar que se activen medidas contra as altas temperaturas e os ruídos que se rexistran no interior das instalacións. Os representantes sindicais da compañía do sector da automoción demandan a activación […]

A CIG en GKN Driveline de Vigo alerta sobre problemas de saúde laboral polas altas temperaturas na empresa

A sección sindical da CIG en GKN Driveline de Vigo (antiga Indugasa) vén de denunciar publicamente os problemas en seguridade e saúde laboral que se rexistran como consecuencia das altas temperaturas. Así, reclámanlle á empresa que aplique o protocolo de stress térmico e que instale un sistema de climatización en condicións para evitar os desvanecementos […]