🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Maniféstate pola lingua. En galego sen limites! #17MQueremosGalego

A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo, anunciou hoxe a convocatoria dunha multitudinaria manifestación para o 17 de maio baixo o lema “en galego sen límites”. A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda. O anuncio foi realizado hoxe polo voceiro […]

Mos presenta a súa programación cultural con motivo das Letras Galegas

O Concello de Mos anunciou onte a programación municipal organizada con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, informaron de que o mércores 17 de maio, o propio Día das Letras, celebrarase un acto homenaxe a Carlos Casares ás 11:30 horas […]

17 de Maio de 2017, Día das Letras Galegas

O dicionario da Real Academia Galega define ‘idioma’ como a «lingua natural propia dunha comunidade humana, especialmente a lingua moderna dunha nación». Ante un novo 17 de Maio, Día das Letras Galegas, as Comisións Executivas da Unión Xeral de Traballadores de Galicia e do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia poñemos en primeiro plano […]

Carlos Casares chegará aos fogares na bolsa da compra de Vegalsa-Eroski para festexar as Letras

O autor homenaxeado pola Real Academia Galega (RAG) con motivo deste 17 de maio, Carlos Casares, chegará desde hoxe aos fogares galegos na bolsa da compar de Vegalsa-Eroski para festexar as Letras Galegas. A compañía galega de distribución alimentaria e a Secretaría Xeral de Política Lingüística lanzan por sétimo ano unha campaña especial conmemorativa que […]

Marea de Vigo coas Letras Galegas

Con motivo do Día das Letras Galegas, Marea de Vigo organiza un acto o día 14 para presentar o Manifesto pola Defensa da Lingua e no que debateremos sobre a situación do galego nunha perspectiva histórica e reivindicativa con Marga López Barreiro, concelleira da Marea de Vigo e Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor e ex-director […]

Gadis pon en valor a literatura infantil en galego nas accións culturais que desenvolve ao fío do Día das Letras Galegas

Supermercados Gadis súmase un ano máis á celebración do Día das Letras Galegas cunha serie de accións culturais que conmemoran esta data. Nesta ocasión, a empresa enfoca as súas accións nos nenos e pon en valor a literatura infantil e xuvenil galega da man de dous autores destacados: Carlos Casares, escritor homenaxeado o próximo 17 […]

Un millón de envases de leite de homenaxearán a Casares con motivo das Letras Galegas

Unha edición especial dun millón de envases de leite de Feiraco homenaxearán a Carlos Casares con motivo das Letras Galegas 2017, a través dunha nova campaña coa que a cooperativa agrogandeira galega —que agora integra Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN)— reforza o seu compromiso coa lingua, coa cultura, coa tradición e coa sociedade galegas en colaboración […]

Comezan os preparativos para a homenaxe a Carlos Casares en Xinzo de Limia o Día das Letras Galegas

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse co alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, para coordinar o acto institucional do próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, no marco dunha xuntanza na que tamén participaron o concelleiro de Cultura, Luis Miguel Gil, e o presidente do Centro PEN Galicia, Luís González Tosar. […]

O dereito fundamental a existirmos na nosa lingua

O peor que poderiamos facer as persoas e organizacións comprometidas co dereito a existir na propia lingua sería responder aos discursos delirantes do Secretario Xeral do Partido Popular. En casos coma ese, cómpre non lle outorgar natureza comunicativa nin política ao orneo, senón deixar que o seu eco se escoite. Porque a xente común sabe […]

Podemos Vigo celebra o Día das Letras Galegas cunha homenaxe ás escritoras galegas

– En 53 anos, só tres mulleres foron homenaxeadas nesta data  Este 17 de maio, Podemos Vigo celebrará o Día das Letras Galegas cunha festa-homenaxe ás mulleres que amaron e escribiron na nosa lingua. Será unha merenda na que varias persoas dos círculos de Podemos recordarán que en Galicia temos unha fermosa lingua que a día de […]

Afundación celebra las Letras Galegas con muy variadas propuestas

– La entidad gallega promueve la participación activa en esta efemérides con iniciativas destinadas a toda la sociedad – Las actividades de colaboración intergeneracional son unas de las protagonistas en esta ocasión  La Fundación Galicia Obra Social, Afundación, pone en marcha, con motivo de la celebración del Día das Letras Galegas un amplio abanico de actividades para conmemorar una fecha […]

Libros para soñar adiántase ao día das Letras Galegas coa visita este venres do artista vigués Ramón Trigo

As actividades deste mes de maio contarán coa participación de varios colectivos da cidade O artista vigués Ramón Trigo será o invitado especial da sesión de animación á lectura que celebrará este venres, a partir das 18:30 horas, na libraría LIBROS PARA SOÑAR, co lema “As nosas letras, os nosos contos”. Adiantándose ao Día das Letras Galegas, que […]