🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Francisco Fernández e Julia Tomé gañan a quinta edición  do concurso MicroCatrorelatos

A quinta edición do concurso MicroCatrorelatos, cuxa final celebrouse onte no Café de Catro a Catro, xa ten gañadores: trátase de Francisco Fernández, autor do relato “As balas de Koch” (elixido finalista na primeira eliminatoria) e Julia Tomé, autora do texto “Desacougo azul“ (que resultou finalista na cuarta eliminatoria). Do mesmo xeito que nas semifinais, […]

O certame literario MicroCatrorelatos elixiu onte dous  novos finalistas nunha disputada eliminatoria

O café de Catro a Catro acolleu onte a terceira semifinal do concurso MicroCatrorelatos, que nunha reñida e emocionante eliminatoria elixiu como finalistas os orixinais “Bullying”, de Alejandro Vaghetti, e “Dous xastres”, de Pociñas Domar. Estes autores participarán na final do mes de maio, xunto aos dous escollidos na semifinal de febreiro, “A veciña do […]

O concurso MicroCatrorelatos celebra mañá a súa terceira  eliminatoria para escoller dous novos finalistas

“O avó”, “Só falar”, “Buscando outro ritmo”, “Cu vexo, cu quero”, “Dous xastres”, “Bullyng”, “Esquizofrenia” e “Doce horas” son os oitos relatos que mañá participarán na terceira eliminatoria do concurso literario MicroCatrorelatos. A semifinal, que terá lugar no café De Catro a Catro a partir das 22 horas, contará coa presenza dos autores e autoras, […]

Oito novos textos participarán na terceira eliminatoria do concurso  MicroCatrorelatos

Nunha xuntanza celebrada onte no café De Catro a Catro, o xurado do concurso MicroCatrorelatos -integrado por Clara do Roxo, Amadeo Cobas, Mari Carmen Casal e Ángela Costas-, elixiu os oito orixinais que participarán na terceira semifinal do certame, que terá lugar o venres 31 de marzo. Os textos seleccionados nesta terceira fase son: “O […]

A segunda fase do concurso MicroCatrorelatos recibiu 15 textos,  dos que 8 participarán na semifinal do vindeiro venres

Na segunda fase do certame MicroCatrorelatos a organización recibiu, até o pasado mércores, un total de 15 orixinais para participar na segunda semifinal. Destes 15 relatos, nunha xuntanza celebrada onte, o xurado elixiu os 8 relatos que concorrerán á segunda eliminatoria, que terá lugar o 24 de febreiro no café De Catro a Catro, ás […]

O Café de Catro a Catro acollerá este venres a primeira eliminatoria  do concurso MicroCatrorelatos

Os autores dos 8 relatos escollidos polo xurado do concurso MicroCatrorelatos deberán defender os seus textos este venres nun acto que se celebrará no Café De Catro a Catro a partir das 22 horas. Así, os relatos “As balas de koch”, de Liter4tura; “A Gioconda cubista”, de Ma dolores Araújo”; “A Senda do Dragón”, escrito […]

Clara de Roxos: “O certame “MicroCatrorelatos”  representa a clara aposta do Café De Catro a Catro  pola cultura en Vigo”

Un ano máis o café De Catro a Catro –en colaboración coas editoriais Galaxia, Xerais, Elvira e a asociación cultural 4 Patacos- convoca o concurso de relatos curtos “Microcatrorelatos”, que no 2017 acadará a quinta edición. En opinión da escritora e integrante do xurado Clara do Roxo esta nova edición do concurso amosa “a clara […]