Preséntase unha proposta de modificación transitoria do Decreto de acceso á función pública docente

Na Mesa Sectorial do 24 de outubro en Madrid, a representación do Ministerio de Educación fixo entrega dun borrador de Real Decreto para modificar transitoriamente a actual norma que rexe as oposicións para os corpos docentes. Unha proposta que para a CIG-Ensino non colma as demandas do colectivo de profesorado interino. Tamén achegarán en menos […]

SATSE denuncia a “marcha atrás” das autonomías na OPE contra a temporalidade

O Sindicato de Enfermería, SATSE, denunciou a “marcha atrás” dos Gobernos autonómicos á hora de chegar a criterios comúns sobre a ‘macro’ OPE nacional, mentres que miles de profesionais seguen encadeando contratos en precario sen ter ningunha seguridade de se poderán seguir traballando nun futuro. SATSE sinalou que na reunión do Ámbito de Negociación, celebrada […]

Bombeiros/as forestais exixen á Xunta a inmediata convocatoria da OPE para rematar coa precariedade

Traballadores/as do Servizo de Prevención e Extición de Incendios Forestais da Xunta de Galiza (SPDCIF) manifestáronse esta mañá diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano (Compostela) para denunciar a enorme temporalidade que padecen e reclamar a inmediata convocatoria da OPE como persoal laboral. Xunto a isto fixeron entrega no rexistro das […]

Empregan un texto que describe unha violación na OPE de inglés a secundaria

O pasado sábado día 24 de xuño, no transcurso das oposición ao corpo do profesorado de secundaria, nunha das probas prácticas de inglés, achegouse un extracto da obra Santuario, de William Faulkner. En concreto un texto que describe unha violación para facer unha proba, que constaba de oito exercicios e que consistía en realizar un […]

Reclaman a inmediata convocatoria da OPE para reducir a ‘escandalosa’ temporalidade do SPDCIF

Representantes da CIG e do CSIF compareceron esta mañá en rolda de prensa para exixir a inmediata convocatoria da OPE como persoal laboral no Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta de Galiza (SPDCIF). Un servizo público no que, segundo denunciaron, a temporalidade afecta ao 40% dos traballadores/as e non se […]

CCOO esixe convocar este ano unha «OPE excepcional» de case 7000 prazas

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia insiste na necesidade de convocar, antes do último trimestre do ano, unha oferta pública de emprego (OPE) «excepcional» de case 7000 prazas. O secretario xeral da Federación, Ángel Cameselle, ampárase en datos fornecidos polo Ministerio para cuantificar a magnitude da oferta pública e afirma que CCOO […]

Instan a Xunta a reducir a interinidade na sanidade pública, cifrada no 22 % polo propio Ministerio

Comisións Obreiras (CCOO) insta a Xunta a reducir a «insoportable eventualidade e precariedade» na sanidade pública. Segundo datos do Ministerio de Sanidade, o 22 % das prazas están cubertas de xeito interino ou mediante contratos en fraude de lei, isto é, 7660 dun total de 34 057. Por esta razón, CCOO defende unha oferta pública de emprego […]

CCOO-Ensino aplaude o acordo para combater a precariedade no sector público

A Federación do Ensino de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Ensino) aplaude o acordo estatal para combater a precariedade no sector público. En Galicia, permitirá nos próximos tres anos consolidar uns dous mil empregos docentes que agora son temporais. Así mesmo, con vistas ás ofertas públicas de emprego (OPE), establécese unha taxa de reposición do 100 % […]

CCOO-Sanidade desmente as «maliciosas» afirmacións da CIG sobre o acordo para reducir a precariedade no sector público

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia desmente as afirmacións da CIG sobre o acordo para reducir a precariedade no sector público. O seu secretario xeral, Ángel Cameselle, asegura que «é falso e malicioso» ligar este «importantísimo acordo» coa suba salarial de só o 1 % que impuxo o Goberno central. «Nós rexeitamos esa pírrica […]

CCOO esixe unha «OPE excepcional» de case 7000 prazas, quince veces o anunciado pola Xunta

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia insiste na necesidade de convocar unha oferta pública de emprego (OPE) «excepcional» de case 7000 prazas, o que significaría multiplicar por quince a oferta de 438 anunciada pola Xunta de Galicia. O secretario xeral de CCOO-Sanidade, Ángel Cameselle, ampárase en datos fornecidos polo Ministerio para cuantificar […]

CIG-Ensino exixe diante de Educación a inmediata convocatoria de oposicións

A CIG-Ensino demandou esta mañá, cunha concentración diante da consellaría de Educación, a inmediata convocatoria de oposicións para rematar coa “inseguridade” e “incertidume” na que se atopan as e os opositores. Denunciou que, en todo caso, a oferta de emprego públigo proposta por Educación é insuficiente para satisfacer ás necesidades do sistema educativo galego e […]

Educación presenta unha OPE “totalmente insuficiente” para o ensino público galego

A CIG-Ensino cualificou, na mesa sectorial celebrada este xoves, de insuficiente a OPE presentada pola Consellaría de Educación e denunciou que se fixera pública a oferta sen realizar unha negociación real, tal e como é preceptivo. Ademais exixiu á consellaría que siga adiante coa convocatoria, como tamén o exixiu onte na Mesa do Estado onde […]

CCOO pide unha OPE «excepcional» e rexeita que se utilice a profesionais da saúde como «moeda de cambio»

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia rexeita que os profesionais da saúde sexan utilizados como «moeda de cambio» do PP para lograr o apoio do PSOE aos orzamentos estatais. Para o sindicato é «imprescindible» consolidar o emprego irregular que existe no Sergas e coida «impresentable» que Feijóo condicione a convocatoria dunha oferta […]

CCOO-Ensino afirma que a OPE anunciada polo conselleiro é «insuficiente e consolida os recortes» dos Gobernos do PP

A Federación do Ensino de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Ensino) afirma que a oferta pública de emprego (OPE) anunciada polo conselleiro de Educación é «insuficiente e consolida os recortes» dos Gobernos do PP. Noutras palabras, «confirma a aposta» da Xunta de Galicia por manter altas taxas de temporalidade no emprego público docente, censura o sindicato. […]

Carta aberta ao Sr. Feijóo

Asdo: María Xosé Abuín, Secretaria Nacional da CIG-Saúde O Sr Feijoo acaba de prometer no seu discurso de investidura a creación de miles de postos de traballo, supoñemos que se está a referir a emprego estable de calidade. Mais a primeira oportunidade que ten de demostrar que isto é certo, é agora, na Lei de […]

Publicadas as puntuacións definitivas da OPE 2014

Publícase o xoves 3 de novembro no DOG a resolución que dá publicidade ás puntuacións definitivas dos exercicios da OPE 2014 e que dá por finalizada a fase de oposición. As puntuacións publicadas son as das categorías de: Enfermeira/o Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía (Matrona), Fisioterapeuta,Logopeda,Terapeuta ocupacional, Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía (TAP), […]

CCOO-Sanidade esixe unha OPE excepcional para rematar coa precariedade laboral no SERGAS

O sindicato esixe a fin da precaridade laboral no Servizo Galego de Saúde ou intensificará a batalla xurídica e iniciará os contactos para un proceso unitario de mobilizacións. A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia esixe a fin da precaridade laboral no SERGAS. A reivindicación sindical ampárase en recentes sentenzas do Tribunal Superior de […]