🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Persoal, pacientes e usuarios do CHUO mobilízanse contra o peche de máis camas

Persoal, pacientes e usuarios/as do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) mobilizáronse este venres 12 diante do centro sanitario para denunciar o peche de camas que vén de anunciar o Sergas. Ao mesmo tempo, a comisión de centro, promotora das protestas, solicitou unha xuntanza co conselleiro de Sanidade para abordar o que cualifica de ofensa […]

As protestas polo peche de camas na área sanitaria de Vigo trasladáronse o Álvaro Cunqueiro

As protestas polo peche de camas na área sanitaria de Vigo trasladáronse o hospital Álvaro Cunqueiro, despois das que tiveron lugar recentemente no Meixoeiro. A Comisión de Centro do Chuvi, promotora da protesta, denuncia que ás camas que se pechan no período estival hai que sumar as que permanecen inhabilitadas no Meixoeiro ao longo de todo o ano. Ao mesmo tempo, entenden que […]

O Servizo de Urxencias do CHUAC, colapsado polo peche de camas

A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) denuncia que xa se están a padecer as consecuencias do peche de camas: colapso do servizo de urxencias, doentes atendidos en corredores, falta de camas para doentes críticos e profesionais para atendelo. Asegura que desde primeiros do mes de xullo, como consecuencia directa do […]

Advirten da saturación do HULA a tres días do peche de Cirurxía

A CIG-Saúde de Lugo vén de denunciar que a 3 días do programado peche da planta de Cirurxía, o hospital está completamente ocupado. “Esta mañá Urxencias amenceu coa unidade de Observación chea de doentes e adiante 4 doentes de observación e 2 pendentes de ingreso na súa camiña”, aseguran. Diante desta situación a CIG-Saúde insiste […]

A Comisión de Centro considera “inaceptábel” a diminución da actividade asistencial no CHUAC

A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) cualificou de “inaceptábel” o novo peche de camas e de unidades cirúrxicas “na situación de masificación  na que se atopa o CHUAC: listas de espera, colapso de urxencias, falta de camas e falta extrema de persoal”. A poboación da área sanitaria da Coruña, denuncian, […]

“Adecuación dos recursos de hospitalización á actividade asistencial”, novo eufemismo para o peche de camas

CIG-Saúde denuncia que, un ano máis haberá peche de camas no HULA, aínda que desta volta o Sergas pretende ocultar esta realidade cualificando a decisión de “adecuación dos recursos de hospitalización á actividade asistencial”. Deste xeito, engaden, unidades co 100% de ocupación ao longo do ano son pechadas sen consideración ningunha, “sen ter en conta […]

Preveen o peche dunhas 1.200 camas durante o verán nos hospitais galegos

A CIG-Saúde denuncia que as Xerencias das Áreas Sanitarias comezaron xa a comunicar o número de camas que teñen previsto pechar durante os meses de verán que, como en anos anteriores, chega en algúns casos a estenderse até o mes de outubro. A falta de datos oficiais que confirmen o número definitivo de camas e […]