🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A CIG chama a participar na manifestación nacional de mulleres que terá lugar o domingo 4 de marzo en Vigo

A CIG fai un chamamento a participar na manifestación nacional de mulleres que o domingo 4 de marzo, dende ás 12:00 horas, percorrerá as rúas de Vigo, no marco das mobilizacións organizadas arredor do Día Internacional da Muller Traballadora e da folga de mulleres convocada para este 8 de Marzo. A convocatoria, impulsada pola Asemblea […]

A CIG formaliza a presentación da folga de mulleres do 8 de Marzo

A CIG formalizaba este luns no rexistro da Consellaría de Economía, Emprego e Industria a convocatoria da folga de mulleres que terá lugar o 8 de Marzo en Galiza, no marco dunha xornada internacional de paros e mobilizacións para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social […]

Empregan un texto que describe unha violación na OPE de inglés a secundaria

O pasado sábado día 24 de xuño, no transcurso das oposición ao corpo do profesorado de secundaria, nunha das probas prácticas de inglés, achegouse un extracto da obra Santuario, de William Faulkner. En concreto un texto que describe unha violación para facer unha proba, que constaba de oito exercicios e que consistía en realizar un […]

Publicadas as axudas para os traballadores que se acollan á redución de xornada para o coidado de crianzas

Sae publicada a convocatoria das axudas económicas para os traballadores e familias monoparentais que, entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de maio de 2017, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas. Estas axudas teñen como obxecto a conciliación da vida familiar […]

A CIG chama a participar na manifestación nacional convocada polo feminismo galego o domingo 5 de marzo

A CIG fai un chamamento a participar na manifestación nacional unitaria convocada, un ano máis, con motivo da conmemoración do 8 de marzo, polo movemento feminista galego para o vindeiro domingo día 5 de marzo, que sairá ás 12 horas da Rúa do Hórreo, diante da estación de tren de Compostela. Folga de mulleres Aproveitando […]

Margarida Corral: “As mulleres non queríamos igualarnos en precariedade”

A secretaría das Mulleres da CIG presentou este venres o Informe sobre a situación laboral das Mulleres en 2016 baixo o título “Igualdade, para que?”, no que se constata que as mulleres que foron quen de saír do desemprego “fixérono en condicións precarias, en ocupacións flexíbeis e informais, con contratos a tempo parcial ou temporais, […]

O feminismo galego convoca concentracións nas cidades galegas en repulsa á violencia machista

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este mércores 22 de febreiro, ás 20:00 horas, en repulsa ao asasinato de María José Mateo García, en Redondela. Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega […]

A Secretaría das Mulleres solicita que se investiguen os feitos ocorridos no Hospital de Conxo

Tal e como denunciaba a pasada semana o Movemento Galego de Saúde Mental (do que a CIG forma parte), o deterioro progresivo na atención á saúde mental en Galiza vén de cobrarse dúas vítimas: unha morte por suicidio e unha agresión sexual que puideron evitarse e “que son froito e consecuencia de decisións erróneas”, nas […]