O BNG acusa de “neglixente” a actitude do goberno de Javier Bas, ante URBASER

Durante as xornadas festivas de abril e maio, en varias parroquias redondeláns, amontoouse o lixo durante días incumpríndose o contrato de recollida. “Esta omisión do servizo pode levar a sancións económicas á empresa, mais o goberno municipal mira para outro lado”, afirma o concelleiro nacionalista Xoán Carlos González. O Luns do Cristo, o Primeiro de […]

Xoán Carlos González, considera “sectario” ao goberno de Javier Bas sobre  o Festival de Títeres

“Rexeitaron apoiar unha moción sobre a creación do Obradoiro do Títere, únicamente por seren presentada polo BNG”. Buscábase consolidar o mundo do Títere na cultura de base de Redondela, ampliando a programación de actividades para o resto do ano. “Con esta moción pretendíase consolidar unha programación ao longo do ano, tendo como protagonistas os títeres, […]

O BNG levará ao Parlamento a problemática de seguridade viaria de  Cesantes

O deputado nacionalista Luís Bará visitou o entorno do colexio, para presentar unha bataría de medidas, co fin de garantir unha accesibilidade máis segura. Recibíu información de membros da ANPA, da AA.VV., ademáis do Obradoiro de Estudios Locais Fernando Monroy. Durante a visita o deputado nacionalista coñeceu de primeira man a situación de inseguridade que […]

O edil do BNG afirma que a presentación ao Consello Parroquial de Chapela destas obras, foi a posteriori de seren adxudicadas, con moi limitadas posibilidades de poderen presentar aportacións. Segundo Xoán Carlos González, “o goberno de Javier Bas ninguneou ao Consello Parroquial, para que este poidera presentar propostas antes de que se publicitaran e licitaran as […]

O BNG, afirma que o goberno de Javier Bas “pasa”da estrada provincial en  Saxamonde.

Ante a inminente posta en marcha por parte da Área de Seguridade Viaria do ente provincial do Plan MÓVESE, dende a organización nacionalista cuestionan que o goberno de Redondela, ignorase un treito de arredor de 1km, na zona dos Valos, en Saxamonde. A piques de seren presentado este proxecto, co que se pretende unha mellora […]

Xoán Carlos González: “Javier Bas, é o único responsábel do acontecido no Parlamento Galego ”

O concelleiro do BNG, analiza como “un poñer os paus nas rodas”, a negativa do PP a  apoiar medidas para a mellora das condicións de vida da veciñanza en Chapela. “O alcalde de Redondela, quere converterse no único interlocutor con Audasa e Fomento, cando o mobemento asociativo estalles marcando o paso”, apunta. “A expulsión dos […]

O BNG demanda ao Concello que xestione melloras nos quitamedos

O remate das obras de acondicionamento do treito da N-555, afectado polas ríadas do marzo de 2016, están a crear preocupación e malestar entre a veciñanza de Negros. Así o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González relata como a instalación de quitamedos, nun treito duns 50 metros, “non cumpre as espectativas creadas. Os elementos protectores, están […]