Dende este venres, día 8, mes do teatro no Centro Cultural Municipal dentro do ‘Circuito Galego de Teatro Amador 2018’

Publicado por o día 06/06/2018 na sección de Galicia,O Porriño

Dende este venres, día 8, mes do teatro no Centro Cultural Municipal dentro do ‘Circuito Galego de Teatro Amador 2018’

Dende este venres día 8 de xuño, e dentro do ‘Circuíto Galego de Teatro Amador 2018’, da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), o Centro Cultural Municipal do Porriño acollerá cinco representacións ao logo de todo este mes, con entrada de balde ata completar aforo.

venres, día 8, dende as 8 e media da tarde, a obra a representar será “En Venda”, da compañía O Trasno Teatro, para público dende 12 anos.

sábado, día 9: “Quero ser maior!”, de Axouxere Teatro. Dende as 7 da tarde. Para todos os públicos.

Venres, 15 de xuño, “Cousas de matrimonio”, a cargo de Max Teatro, ás 8 e media da tarde, para público dende 12 anos de idade.

Sábado, día 16: “Moito barullo e poucas carolas”, por Andaravía Teatro, ás 8 e media da tarde, tamén para público dende os 12 anos..

domingo, día 17 de xuño, “As laranxas… non, non… cala”, por Atrezo Teatro, ás 7 da tarde. Teatro familiar.