A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun novo episodio adverso de nivel laranxa por vento, que deixará refachos de ata 100 KM/H en boa parte da Comunidade galega. Este episodio adverso comezará a sentirse a partir de media noite de hoxe e poderá prolongarse ata primeiras horas da tarde de mañá. O vento tamén será intenso no mar, especialmente no litoral da Coruña, onde acadará a forza 8 e haberá ondas de entre 5 e 6 metros.
Tamén poderán ser significativas as chuvias no oeste e suroeste da Coruña, así como nas Rías Baixas, na provincia de Pontevedra e o sur de Ourense. Pola contra, na montaña de Lugo e Ourense é posible que neve.
Así, a intensidade do vento nos obriga a tomar algunhas medidas de autoprotección, que indicamos deseguido, co fin de minimizar as situacións de risco. Deste xeito, desde o 112 Galicia lembramos a importancia de extremar as precaucións nas estradas. Por iso, recordámosche que:
- Evita os desprazamentos na medida das túas posibilidades e, en todo caso, antes de coller o coche, consulta aquí o estado das estradas
- Recorda que co vento o mobiliario urbano puido terse desprazado e os restos de árbores e pólas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación
- Do mesmo xeito, consideramos importante non empregar vehículos lixeiros, como bicicletas ou ciclomotores
- Se tes que saír á rúa, afástate de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, estadas e obxectos que sexan susceptibles de desprazarse co vento
- Ademais, lembra retirar das fiestras, dos balcóns e dos tellados calquera obxecto que poida caer á rúa
- Por último, ante calquera emerxencia marca o 1-1-2
Como dicíamos máis arriba, este fenómeno tamén se deixará sentir con intensidade na costa da Coruña, onde se prevé vento en mar que poderá acadar a forza…Así, reiteramos a necesidade de:
- Manterte afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos, praias, xa que unha onda podería arrastrarte
- Polo mesmo motivo, consideramos que, ante esta situación, sacar fotografías desde algún deses lugares pode poñerte en perigo
- Ademais, asegúrate de que a túa embarcación está ben amarrada
- Tampouco é o día para bañarse ou para a práctica de deportes acuáticos e/ou náuticos
Igualmente, segundo as previsións meteorolóxicas da Axencia Estatal de Meteoroloxía, este fenómeno adverso virá acompañado de precipitacións, polo que, desde o 112 Galicia, recordamos:
- O efecto de arrastre das chuvias pode provocar o desprendemento de terra e pedras
- Tamén afástate de zonas susceptibles de sufrir inundacións, coma pontes, ríos, etc.
- Lembra non atravesar un lugar inundado
- Aparta ao arcén no caso de que as condicións climáticas resten visibilidade ou seguridade na vía
Do mesmo xeito, aproveitamos para repasar as medidas de autoprotección no caso de que te atopes na casa e sufras unha inundación:
- Desconecta a electricidade e permanece nas zonas máis altas da casa
- Conduce aos animais a lugares altos e protexidos
- Ante calquera emerxencia, reiteramos marca o 1-1-2
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.