O Concello de Nigrán ven de investir 33.000 € do Remanente de Tesourería para substituír a obsoleta iluminación das rúas Baiona e Gondomar (Panxón) por tecnoloxía LED co obxectivo de mellorar a calidade do servizo contribuíndo ao mesmo tempo á sostibilidade ambiental e mellorar a imaxe da contorna ao incluír o troco das columnas. En total, supuxo a substitución de 25 puntos de luz de vapor de sodio por LED, os correspondentes báculos e o arranxo do seu ancoraxe, xa que o deterioro e obsolescencia do conxunto supuña un risco de caída ou contactos eléctricos, ademais de repercutir negativamente na paisaxe ao estar visiblemente oxidados e golpeados. En definitiva, rebaixáronse os custos de consumo e mantemento mellorando a calidade do servizo e da súa eficiencia enerxética, xa que os niveis de iluminación resultaban excesivos e provocaban contaminación lumínica, adicionalmente supón a eliminación de contaminantes (metais pesados das vellas luminarias) e baixada de emisións de gases de efecto invernadoiro.
Así, os vellos báculos foton trocados por columnas de aceiro ao carbono co ornamento do escudo do Concello, galvanizadas en zinc e con tratamento washprimer para evitar a corrosión propia dos ambientes mariños, mentres que as luminarias mudaron a LED con certificado ENEC e son pre-programables.
“En definitiva, quixemos mellorar a seguridade e a calidade do servizo do alumeado aproveitando mellor os recursos enerxéticos e contribuíndo á sostibilidade medioambiental”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán, quen considera prioritarias as substitucións nos núcleos urbanos con gran afluencia de peóns e circulación vial, como xa se fixo anteriormente na PO-552 na Ramallosa (contorna de Manuel Lemos, Avda. Portugal. Avda. Pablo Iglesias e Torrente Ballester, Torrente Ballester), outras rúas Panxón, centro de Nigrán, Chandebrito…
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.