O Festival de Cans é unha das apostas cinematográficas máis populares da comunidade galega grazas á súa idiosincrasia e á entrañable converxencia entre o mellor da sétima arte e o mundo rural. Un selo que, ademais, lle permitiu granxearse bastante popularidade a nivel nacional.
Trátase dun festival en toda regra no que triunfan o bo ambiente, as actividades para maiores e pequenos, os concertos, o showcooking ou os coloquios cinematográficos, e sempre rodeado da beleza e singularidade do contorno natural onde se desenvolve.
Nesta temporada cumpre 15 anos, que serán celebrados do 23 ao 26 de maio.
Sección oficial
A sección oficial componse de Ficción e Animación e de Furacans. Furacans é un novo apartado composto por 9 curtametraxes de non ficción. As súas sesións serán o sábado ás 17 e 20:30 h, cun custo de 5 € cada unha.
Tamén Extracans é unha nova proposta na que compiten traballos internacionais de Italia, Portugal, Brasil, Líbano ou Hungría, aínda que neste caso as entradas xa están esgotadas. Mentres, na Noite Gia (xoves 24) proxectaranse os videoclips a concurso, os cales tamén se poden visualizar na propia web.
Sección non oficial, concertos e outras actividades
Entre as actividades paralelas fóra de concurso está a proxección de Sevilla y Gomorra (3 €, sábado 26, 16 h), a proxección do avance documental Kevin vs. Ray xunto coa actuación de Kevin Weatherill (5 €, sábado, 18 h), e unha retrospectiva de Videoclips xunto coa actuación de Rubén Domínguez (3 €, sábado, 20:30 h). As prazas para a proxección do documental Casamance tamén están esgotadas.
O concerto Mahou Cinco Estrelas trae a Jairo Zavala “Depedro” (venres 25, 21 h) e tamén o sábado ata medianoite e de acceso gratuíto aoDJ Edu Romeu, quen actuará unha vez finalizadas o resto de actividades.
A sesión rockeira do sábado traerá a Familia Caamagno pola tarde e ao mítico grupo de rock Burning a medianoite no espazo do Torreiro. Mentres, MounQup, Pardo e Tanxugueiras farano no Voulevar o mesmo día.
Para as e os pequenos está o concerto de Magín Blanco no Parque do Río o sábado ás 13:30 h. A actuación de Esteban & Manuel será o mesmo xoves 24 tras as proxeccións da Noita Gia.
O showcooking virá da man da Cociñeira Mahou Lucía Freitas do restaurante A Tafona, o xoves 24, na praza do Concello do Porriño.
O festival xa esgotou as entradas para dous dos seus apartados
Récord de asistencia en 2017
A temporada 2017 bateu o seu propio récord cunha asistencia de 13.000 persoas esgotando todas as entradas e cubrindo a ocupación hoteleira ao 100 %.
Creou 110 postos de traballo e fomentou o produto local coa súa filosofía de apoiar o comercio de proximidade.
A temporada de 2018, antes de comezar, xa bateu outro récord ao recibir un total de 252 producións galegas, o que supón un incremento do 7% con respecto ao ano anterior. Na súa maioría enviáronse 105 videoclips e 43 traballos de non ficción.
Como chegar
O acceso en coche durante o festival complícase debido ao pouco espazo para aparcar en Cans. Desta maneira convídase ás persoas asistentes a aparcar en O Porriño e acceder a Cans en autobús (1 € ida e volta, de 18 a 4 h da madrugada o venres e de 9:30 a 4 h da madrugada o sábado).
Chegar en bicicleta é outra opción. Unha vez no recinto, o traslado ás salas das curtametraxes realizarase a través dos “chimpibuses”: tractores locais acondicionados para a ocasión.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.