Opinión por Vigo Denuncia | CARTA de NADAL

Publicado por o día 26/10/2018 na sección de Opinión por Vigo Denuncia,Opinión

Opinión por Vigo Denuncia | CARTA de NADAL

Excelentísimo Sr. D. Abel Caballero, alcalde de Vigo, e Dª. Isaura Abelairas, concelleira de Benestar Social:

Diríxome a vostedes porque me gustaría que me aclarasen que sucede coa política social da cidade de Vigo.

D. Abel Caballero afirmou que ninguén en Vigo dorme na rúa, que non hai desafiuzamentos e que se trata da cidade coa política social máis importante de España. Pero cidadáns e cidadás coma min sabemos que non é certo.

Lemos os xornais. Recibimos información de colectivos sociais coma a Acampada contra a Pobreza, que leva un ano e oito meses ás portas do Concello. Vemos cos nosos propios ollos á xente durmindo na rúa. Sabemos o que ocorre realmente en Vigo e, por desgraza, en toda España.

A Acampada contra a Pobreza está formada por cidadáns e cidadás que queren construír unha cidade mellor. Identifícome coas súas reivindicacións e pídolles a vostedes que os escoiten. Ao non facelo, están a perder a oportunidade de demostrar que Vigo é diferente, que ten un alcalde que está en contacto directo coa realidade da cidade.

Imaxinen como cambiaría todo se os xornais publicasen que o alcalde escoita á Acampada, pon en marcha unha política social punteira en España e esixe á Xunta que cumpra coas súas obrigas. As tendas levantaríanse da praza, e vostedes serían un exemplo para moitos políticos do Estado español.

Coma cidadá (n), pídolles que reconsideren a súa postura.

Grazas pola súa atención.

Ata aquí a CARTA promovida pola Acampada contra a Pobreza, a continuación quixeramos facer unha análise desta INDIGNA situación, que padece a cidadanía de Vigo por mor da neglixencia dun alcalde sen corazón, que mantén diante da súa porta a este colectivo que únicamente solicita unha entrevista para mellorar a situación dos que non teñen voz (nin siquera voto).

O concepto de cidadanía restrínxese aos cidadáns que pagan impostos e exercen os seus dereitos políticos (votando) e semella que esta cidadanía leva anos adormecida e comprada polas promesas e anuncios do seu alcalde.

Tanto é así que a meirande parte dos vigueses e viguesas ignoran a situación de pobreza real que sofren a diario centos de persoas en Vigo.

1. Non son cidadáns de pleno dereito (ás veces nin siquera están censados) e polo tanto o problema non é noso.
2. Non son persoas dignas de atención (ás veces nin siquera son tratadas como persoas).
3. A pobreza non é algo que deba preocupar á cidadanía viguesa: Vigo é unha Cidade Fermosa!
4. Se non son cidadáns, e nin siquera son persoas, a pobreza que padecen é problema deles…
5. Sigamos mirando cara outro lado coma se non existiran (pois non existen administrativa nin políticamente…)

Esta situación ten un nome ben definido e chámase APOROFOBIA e calquera podería denunciar que esta indigna situación (un ano e oito meses sen atender a súas peticións!) constitúe un delito de odio contra as persoas empobrecidas, e se o alcalde é o primeiro cidadán que debera dar exemplo, este exemplo é unha invitación á violencia contra os máis desfavorecidos (que en calquera momento pode prender no imaxinario da xente desta cidade!)
O primeiro cidadán debera dar exemplo de empatía coa dor allea, para promover a virtude da solidariedade entre os cidadáns que teñen a sorte de vivir nunha Cidade Fermosa.

Algúns negan a EVIDENCIA mentras taladran as fachadas dos edificios sen permiso para poñer luces de Nadal.

Algúns non pensaron que esas mesmas luces farán aínda máis precaria a vida dos que non teñen nada seu.

Algúns cren que o Nadal son agasallos e ceas pantagruélicas ao calor da calefacción ou da cheminea.

Este Nadal Vigo terá novamente un agasallo pendente coa xustiza social.

Se non somos quén de comprender isto non merecemos vivir na opulencia!

VigoDenuncia leva 10 anos enviando comunicados ao Pleno do Concello, pero este Nadal quixeramos mostrar a nosa solidariedade cos que máis urxencia teñen de SER RECOÑECIDOS como PERSOAS DIGNAS da nosa atención cidadá.

youtu.be/iAZqjBaFou4

Os demáis membros da corporación municipal tedes a oportunidade de manifestarvos mediante MOCIÓN e seguir as recomendacións de Nacións Unidas no Día Internacional para a Erradicación da Pobreza :

“Únicamente si creamos y mantenemos una verdadera colaboración con las personas en situación de pobreza será posible construir un mundo incluyente donde todas las personas podrán disfrutar plenamente de sus derechos humanos y llevar una vida digna”

Nota explicativa, dirixida ao concelleiro de Seguridade, Carlos López Font

www.un.org/development/desa/socialperspectiveondevelopmen…

O alcalde, grazas ao seu doctorado por Cambridge, pode escoitar a moción en inglés:

youtu.be/Hjb53DWGiTU

Atentamente, VigoDenuncia.