Opinión por A.Telmo | As mulleres sen fogar

Publicado por o día 28/01/2018 na sección de Opinión

Opinión por A.Telmo | As mulleres sen fogar

por A.Telmo

O sinhogarismo estudouse, explicado, comprendido e intervido desde unha visión androcéntrica, que invisibiliza a especificidade das estratexias de vivenda das mulleres e, por tanto, as súas experiencias subxectivas. Por iso, é fundamental analizar a exclusión social tendo en conta a perspectiva de xénero.

Se lle preguntase a alguén que fixese un retrato robot dunha persoa sen fogar seguramente a describiría da seguinte maneira: é un home, de entre 45 e 60 anos, dorme nun caixeiro ou nunha beirarrúa, non ten familia, consome alcol e esmoleira

O concepto de “sen fogar” asóciase a estar á rúa ou a durmir en albergues, espazos dos que se adoitan sacar as estatísticas e nos que as mulleres son unha minoría xa que se atopan noutras manifestacións do sinhogarismo máis difíciles de detectar e de cuantificar: vivir nunha vivenda sen título legal, baixo ameaza de violencia machista, vivir nun choupano, nunha vivenda insegura, por exemplo. Por ese motivo fálase de que o sinhogarismo encuberto é a situación de aloxamento máis frecuente entre as mulleres sen fogar.

Diciamos desde estas consentes paxinas que o concepto de sen teito, ao contrario do que se adoita manexar é mais amplo e é algo mais que vivir na rúa

As mulleres, simplemente polo feito de ser mulleres, tentan sortear de calquera xeito o ter que durmir na rúa: “Non es unha persoa na rúa, es unha muller na rúa”. En xeral as mulleres optan por outras alternativas: dormen en casas de familiares ou amizades, manteñen mesmo relacións de parella insatisfactorias, intercambian compañía ou coidado a cambio de aloxamento (traballadoras domésticas que traballan internas).

Se cuantificamos o número de mulleres que viven nunha vivenda insegura (baixo ameaza de desafiuzamento, en réxime de tenencia inseguro –acollida por familiares/amizades, subarrendamiento, ocupación ilegal-) ou baixo ameaza de violencia machista por parte da súa parella ou familia, é moito maior que o dos homes.

Un recente estudo do Instituto da Muller vasco vén corroborar isto. No País Vasco ao redor de 500 mulleres estanse sen teito ou sen vivenda (en recursos específicos para persoas sen fogar) pero algo máis de 120.000 mulleres atópanse sen fogar (vivenda insegura ou inadecuada).

As mulleres tentan sortear  de calquera xeito o ter que durmir na rúa ou en albergues porque son espazos moi violentos nos que se multiplica o risco de sufrir algún tipo de agresión sexual ou de violencia machista en xeral. Antes de chegar a esta situación as mulleres optan por outras alternativas: dormen en casas de familiares ou amizades, manteñen mesmo relacións de parella insatisfactorias, intercambian compañía ou coidado a cambio de aloxamento (traballadoras domésticas que traballan internas), etc.

* Hai máis mulleres en situación de exclusión residencial pero son menos visibles que os homes polo seu menor presencia na rúa

* Fronte á opción da rúa ou o albergue, as mulleres optan por estratexias como durmir en casa de familiares ou intercambiar coidado por aloxamento

Una das conclusións do estudo, por tanto, é a invisibilidade das mulleres sen fogar, que optan na súa maioría por alternativas á rúa ou o albergue como poden ser durmir en casa de familiares ou amizades, manter relacións de parella insatisfactorias, ou intercambiar compañía ou coidado por aloxamento

FACTORES E EXCLUSION , FACTOR DE XENERO

A menor presenza das mulleres nas situacións máis graves de exclusión social débese a diferentes factores de contención moi relacionados coas atribucións de xénero:

  • Adaptación  á precariedade laboral: As mulleres souberon adaptarse ás peores condicións que lles ofreceu o mercado laboral
  • Prestacións, protección social, coidado: Benefícianse en maior medida de determinadas prestacións e teñen menos reparos á hora de solicitar axuda institucional. As mulleres teñen maior tendencia ao coidado e a solicitar axuda
  • Maior apoio familiar e social, pero con límites: As mulleres reciben máis axuda das súas redes familiares e sociais pero habitualmente con contrapartidas que poden coartar a súa autonomía.
  • A maternidade como capital social e económico: Existen recursos específicos para as nais en situación de exclusión social.

Medo á victimización: Case una de cada tres mulleres que dormen ou durmiron na rúa foron vítimas de agresións físicas e máis dunha de cada catro foron obxecto de agresións sexuais, unhas porcentaxes moito máis altas que no caso dos homes.

O estigma asociado ás mulleres sen teito é moito maior que o que sofren os homes. Vivimos nun sistema dominado polo patriarcado e o sinhogarismo, a pobreza e a exclusión social non ían ser alleos a iso. O sinhogarismo habitualmente estudouse, explicado, comprendido e intervido desde unha visión androcéntrica, que invisibiliza a especificidade das estratexias de vivenda das mulleres.