Neste obradoiro aprenderemos a facer un axóuxere cesteado con papel de xornal. Ten unha estimación de duración de dúas horas: na primeira parte elaboraremos as «pólas» coas follas de xornal e na segunda parte armaremos a peza.
Todo o material está incluído, vós só tedes que poñer as mans e a mente. Hai cinco prazas para este día, anotándose previamente en O Almacén Cultural ou no formulario que atoparás neste link: http://www.oalmacencultural.com/taller-cesteria/
MARTES 20 DE NOVEMBRO DE 17.00H A 19.00H
APORTACIÓN VOLUNTARIA
O Almacén Cultural
Avenida Ramón Nieto 58, Vigo
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.